Pregunta 5 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Extraordinaria 2024

Tema: Literatura galega de 1916 a 1936: Irmandades, Nós e vangardas · Del examen Extraordinaria (2024)

Enunciado

PREGUNTA 5. Educación literaria

Contextualice o texto de Castelao na época literaria correspondente e sinale a importancia desta obra na evolución do teatro galego. Ademais, identifique e explique dúas características do seu estilo apoiándose no propio fragmento. *Extensión aproximada: 250 palabras. [2,5 puntos]

Entra un mendicante con cara de morto. Trai unha careta na man e pona diante do público para tapar a súa caveira e transfigurarse.

A MORTE

Chamando

¡Ei, da botica!

Entra o boticario.

O BOTICARIO

¡Que Deus o ampare, meu santo!

...

A MORTE

Eu teño unha doenza eiquí ( Pon a man no peito.) ¡Levo chumbo derretido no corazón!

O BOTICARIO

¡Que me di!

A MORTE

Non se burle de min, señor, polo que lle vou contar. Eu... eu namoreime dunha rapaza máis bonita que os ouros do Perú. Ela ten ollos e... ¡Como vai cangar cun vello!

O BOTICARIO

¡Quen sabe! ¿Non me dixo vostede que ten diñeiro?

A MORTE

Con diñeiro non se merca o que eu apetezo. Hai galáns novos no mundo, e nós, os vellos, xa non temos engado para namorar mozas. (...) Tódolos vellos cheiramos a morto. Todos damos noxo.

Castelao. Os vellos non deben de namorarse (1941)

Enunciado: Pregunta 5 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Extraordinaria 2024

Solución

Según los criterios oficiales de corrección

PREGUNTA 5. Educación literaria. Contextualice o texto de Castelao na época literaria correspondente e sinale a importancia desta obra na evolución do teatro galego. Ademais, identifique e explique dúas características do seu estilo apoiándose no propio fragmento. *Extensión aproximada: 250 palabras. [2,5 puntos]

Solución: Contextualización no Grupo Nós e na literatura do exilio/posguerra en Bos Aires (1941), destacando a modernización e innovación do teatro galego fronte ao costumismo. Análise de dúas características estilísticas (simbolismo/expresionismo co uso de caretas e personificación da morte; protagonismo popular; metáforas e comparacións populares).

La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium

Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.

‹ Ejercicio 4.1 - Educación literaria: Castelao · Ordinaria 2025 · Pregunta 5 · Extraordinaria 2023 ›

Más ejercicios de Literatura galega de 1916 a 1936: Irmandades, Nós e vangardas