Pregunta 6.1 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2021
Tema: Literatura galega de 1916 a 1936: Irmandades, Nós e vangardas · Del examen Ordinaria (2021)
Enunciado
PREGUNTA 6. Literatura. Escolla e desenvolva un dos dous apartados:
6.1. A prosa do primeiro terzo do XX: as Irmandades e o Grupo Nós (narrativa, ensaio e xornalismo). (Extensión aprox. 400 palabras) [2,5 puntos]

Solución
Según los criterios oficiales de corrección
6.1. A prosa do primeiro terzo do XX: as Irmandades e o Grupo Nós (narrativa, ensaio e xornalismo). (Extensión aprox. 400 palabras) (2,5 puntos)
Solución: Desenvolvemento expositivo e persoal que integre: - Contexto histórico e cultural: nacemento das Irmandades da Fala (1916), xurdimento da xeración Nós e da revista *Nós* (1920), superación do rexionalismo polo nacionalismo e afán de modernización e europeización da cultura galega. - A prosa nas Irmandades da Fala: creación de editoriais e coleccións de narrativa popular e breve como Lar e Céltiga; impulso do xornalismo político e divulgativo (*A Nosa Terra*). - A narrativa do Grupo Nós: achega das novas técnicas da vangarda europea e a superación do costumismo decimonónico. Castelao (*Cousas*, *Retrincos*, *Os dous de sempre*); Vicente Risco (*O porco de pé*, *Do caso que lle aconteceu ao Doutor Alveiros*); Ramón Otero Pedrayo (*Os camiños da vida*, *Arredor de si*). - O ensaio: formulación ideolóxica e teórica do galeguismo e da identidade nacional. Risco (*Teoría do nacionalismo galego*), Castelao (*Sempre en Galiza*), Otero Pedrayo (estudos xeográficos, históricos e literarios). - O xornalismo e divulgación cultural: colaboracións na prensa galega e da emigración e papel aglutinador da revista *Nós*.
La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium
Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.
‹ Pregunta 5.2 · Ordinaria 2021 · Pregunta 6.2 · Ordinaria 2021 ›