Ejercicio 4.1 - Educación literaria: Castelao · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2025

Tema: Literatura galega de 1916 a 1936: Irmandades, Nós e vangardas · Del examen Ordinaria (2025)

Enunciado

4.1. Este texto de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao pertence ao libro Retrincos (1934). Relacione o relato, sucintamente, coa restante obra do autor e coa narrativa da Época Nós. Indique o tema principal e xustifíqueo a partir de exemplos tirados do texto. Analice, brevemente, a estrutura do relato e a caracterización dos dous personaxes principais. Extensión aproximada: 200 palabras. (2 puntos)

Sabela

Cando eu andaba no estudo era un mozo das romerías, bailador e divertido. Non había festa na vila, nin nos arredores, onde non aparecese danzando como un trompo esgarabilleiro. ¡Ai, aqueles valses, aquelas mazurcas, aquelas polcas e aquelas habaneras! Entón o agarradiño aínda era un pecado venial, e bailábamos con tino, para que os vellos non refungasen. (...)

Había na vila unha rapaza do meu tempo, xeitosa de corpo, feitiña de cara, leda de xenio, traballadora de condición, pescantina de oficio e limpa de conducta; pero picante nos dicires. (...) A primeira vez que bailei foi con ela. (...) A rapaza comprometeuse a enseñarme, i eu pagáballe coa miña ledicia de estudante. (...) Pouco a pouco fun deprendendo, e non tardei en bailar valses e mazurcas con certa maestría. Dispois xa me fixen bailador e aproveitaba tódalas tocatas; pero afeito á miña compañeira non tiña gusto en bailar con outras. De remate os dous fixemos unha das mellores parellas. (...)

Marcheime da vila cangado cun tiduo universitario, e as preocupacións do meu vivir arredáronme das troulas. Perdín a mocedade, fíxenme home; o baile chegou a parecerme cousa de parvos, e fai moitos anos que nin tan sequera vexo bailar. Do tempo de estudante non gardei un recuncho para as lembranzas de romería, e Sabela esvaéuseme da memoria.

Cando se proclamou a República lanceime á política e saín deputado das Constituíntes. A miña vila quixo agasallarme e alá fun eu. (...) Cheguei á casa de meus pais, e na beira da porta vin a unha muller... Era gorda de ventre, de pernas e de brazos; a cara inflada e vermella; a boca sen dentes; a postura de regateira.

Miroume, fite a fite, cos ollos mergullados en bágoas, e ó pasar a carón dela sioume con voz estremecida estas verbas: —¡Meu bailador!

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Retrincos (1934)

Enunciado: Ejercicio 4.1 - Educación literaria: Castelao · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2025

Solución

Según los criterios oficiales de corrección

Relacione o relato, sucintamente, coa restante obra do autor e coa narrativa da Época Nós.

Solución: Castelao como creador e mestre do relato breve e das «cousas»: Un ollo de vidro (1922), Cousas (1926, 1929), Os dous de sempre (1934) e Retrincos (1934). Na Época Nós xorden os fundadores da prosa galega moderna (Vicente Risco, Otero Pedrayo, Rafael Dieste, Castelao), que conectan a tradición galega coas vangardas e correntes europeas contemporáneas.

Indique o tema principal e xustifíqueo a partir de exemplos tirados do texto.

Solución: Tema central: a lembranza melancólica da feliz mocidade bailadora e o paso devastador do tempo, evidenciado polo contraste entre a xuventude de festas («mozo das romerías», «ledicia de estudante») e a vellez degradada física e anímica («Perdín a mocedade», «boca sen dentes», ollos con bágoas).

Analice, brevemente, a estrutura do relato e a caracterización dos dous personaxes principais.

Solución: Estrutura en 4 partes (1º parágrafo: presentación do narrador e ambiente festivo; 2º parágrafo: aprendizaxe e compenetración no baile con Sabela; 3º parágrafo: marcha á universidade, madurez e esquecemento; 4º e 5º parágrafos: regreso como deputado e emotivo reencontro). Narrador: caracterización etopeica (alegre e bailador de mozo; desilusionado e pragmático de adulto). Sabela: retrato completo, con etopea e prosopografía (feitiña e picante de moza; vella, deteriorada e emocionada ao final).

La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium

Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.

‹ Ejercicio 4.1 · Extraordinaria 2026 · Pregunta 5 · Extraordinaria 2024 ›

Más ejercicios de Literatura galega de 1916 a 1936: Irmandades, Nós e vangardas