Ejercicio 1.3 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2026
Tema: Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras · Del examen Ordinaria (2026)
Enunciado
TEXTO
A terrible DINA (Depresión illada en niveis altos) que atravesou Valencia coma un raio na tempestade, con todas as súas mortíferas consecuencias, non foi unha catástrofe natural por máis que o repitamos. (...) Non é culpa da natureza: é, indiscutiblemente, de orixe humana.
Xa hai días que renxe a expresión de “catástrofe natural”, coma quen bota balóns fóra, coma se o feito de que o Mediterráneo estivese a 30ºC no verán fose o normal e non teña que ver con nós. (...)
Hai moitos anos que a ciencia nos alerta de que este estilo de vida e de consumo no que estamos inmersos é un imposible. Antes de doar para as consecuencias desta DINA sen nome, habería que pensar na lóxica de caer na tolemia do Black Friday ou de comprar, por exemplo, uns calcetíns nunha web chinesa para que nolos traian á nosa casa a máis de 10.000 quilómetros. (...)
É unha cegueira que mata e que o vai seguir facendo porque, sabendo o que hai que facer, seguimos correndo desnortados cara ao abismo. (...)
Agocharse trala palabra “natural” non vale. Non hai nada máis antinatural que ir en contra da natureza.
Rosa M. Tristán, “As catástrofes climáticas do século XXI, de ‘naturais’ nada”, Luzes, nº 134, novembro de 2024
1.3. Explique o significado dos seguintes termos resaltados en letra grosa no texto. (Non serán válidas as respostas que unicamente indiquen sinónimos): mortíferas, renxe, inmersos, desnortados, abismo. (1 punto)

Solución
Según los criterios oficiales de corrección
Significado de mortíferas
Solución: Que causan a morte ou que poden levar a ela.
Significado de renxe
Solución: Que resulta oposto ou contrario a outra cousa (desentoa, choca).
Significado de inmersos
Solución: Que están somerxidos, entregados por completo.
Significado de desnortados
Solución: Que perderon o norte, sen rumbo, desorientados.
Significado de abismo
Solución: Lugar moi profundo e insondable, caída no nada.
La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium
Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.
‹ Ejercicio 1.3 - Léxico · Extraordinaria 2026 · Pregunta 2.4 · Extraordinaria 2025 ›
Más ejercicios de Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras
- Ejercicio 1.3 - Léxico · Extraordinaria 2026
- Pregunta 2.4 · Extraordinaria 2025
- Ejercicio 2.4 - Morfoloxía e léxico · Ordinaria 2025
- Pregunta 1.3 · Extraordinaria 2024
- Pregunta 3.2 · Extraordinaria 2024
- Ejercicio 1 - Léxico · Ordinaria 2024
- Ejercicio 3 - Campo semántico · Ordinaria 2024
- Pregunta 1.2 - Léxico · Extraordinaria 2023
- Pregunta 3.3 - Léxico · Extraordinaria 2023
- Pregunta 1.2 · Ordinaria 2023