Ejercicio 2.4 - Morfoloxía e léxico · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2025

Tema: Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras · Del examen Ordinaria (2025)

Enunciado

TEXTO

Se ben é certo que no momento actual todas as persoas que falamos galego nos recoñecemos como falantes dun mesmo idioma, con todos os matices das falas de cadaquén, tamén o é que a lingua está nun proceso permanente e continuo de transformación, de cambio e de innovación. Conviría preguntarse se Martín Codax e Rosalía de Castro entenderían o galego do século XXI e, asemade, se se identificarían con el. Sobre a primeira resposta, poucas dúbidas temos de que si nos entenderían. Sobre a segunda, a cousa non é tan doada, sobre todo se pensamos na variedade do galego que, desde hai catro décadas, se está a estender como variedade referencial, e que coñecemos como variedade estándar. Con certeza, identificaríanse máis co galego de Fernández del Riego.

O galego estándar é unha variedade lingüística supradialectal, planificada desde posicións académicas co correspondente aval político, cuxa principal finalidade adoita ser idear e promover unha estratexia niveladora da extraordinaria diversidade que caracteriza a nosa lingua. A partir desa diversidade, sobre todo da variación diatópica, elabórase unha variedade orientada a potenciar o seu uso no sistema educativo, nos medios de comunicación e na administración, en particular no que atinxe aos usos escritos da lingua.

Fernando Ramallo, “Que é o galego estándar?”, Que pasa co galego? (2023)

2.4. Clasifique as seguintes palabras do texto, que aparecen destacadas en cursiva, en simples, derivadas, compostas ou parasintéticas e xustifique a súa resposta: mesmo, innovación, referencial, estratexia, extraordinaria. Escriba un sinónimo e un antónimo de cada unha delas. [1 punto]

1. mesmo

2. innovación

3. referencial

4. estratexia

5. extraordinaria

Enunciado: Ejercicio 2.4 - Morfoloxía e léxico · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2025

Solución

Según los criterios oficiales de corrección

Clasifique a palabra «mesmo» e xustifique a súa resposta

Solución: Simple

Sinónimo de «mesmo»

Solución: igual / idéntico / semellante / exacto

Antónimo de «mesmo»

Solución: diferente / distinto / diverso / outro

Clasifique a palabra «innovación» e xustifique a súa resposta

Solución: Derivada (derivada de innovar co sufixo nocional deverbal de acción -ción)

Sinónimo de «innovación»

Solución: novidade / creación / cambio / reforma / renovación

Antónimo de «innovación»

Solución: tradición / conservación / estancamento / inmobilismo / rutina / arcaísmo

Clasifique a palabra «referencial» e xustifique a súa resposta

Solución: Derivada (derivada de referencia co sufixo nocional desubstantival -al)

Sinónimo de «referencial»

Solución: modelar / modélico / exemplar / patrón / guía / indicativo / representativo

Antónimo de «referencial»

Solución: secundario / atípico / anormal

Clasifique a palabra «estratexia» e xustifique a súa resposta

Solución: Simple

Sinónimo de «estratexia»

Solución: plan / táctica / método / procedemento / manobra

Antónimo de «estratexia»

Solución: desorganización / desorde / improvisación / azar

Clasifique a palabra «extraordinaria» e xustifique a súa resposta

Solución: Derivada (derivada de ordinaria co prefixo nocional negativo extra-)

Sinónimo de «extraordinaria»

Solución: excepcional / insólita / asombrosa / singular / rara / especial / formidable / abraiante / inaudita

Antónimo de «extraordinaria»

Solución: ordinaria / común / normal / habitual / corrente

La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium

Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.

‹ Pregunta 2.4 · Extraordinaria 2025 · Pregunta 1.3 · Extraordinaria 2024 ›

Más ejercicios de Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras