Pregunta 2 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Extraordinaria 2024
Tema: Produción textual: texto de opinión sobre o tema do texto · Del examen Extraordinaria (2024)
Enunciado
TEXTO
Ultimamente fálase decote do campo baleirado. O 84,4% da nosa poboación vive en núcleos urbanos, mentres que o turismo rural e de natureza non deixan de medrar. Non son quen de obviar que estes dous feitos falan entre si.
Existe unha enorme desconexión emocional coa natureza nese 84,4% por cento de persoas urbanas que, ademais, é moi semellante en todas as sociedades occidentalizadas. A narrativa presenta tan só dous escenarios tópicos na hora de “contar” o campo: o romántico e o catastrofista.
O campo romántico é o que sae nos anuncios de perfumes ou moda e o das ofertas turísticas. Trátase de espazos “limpos”, onde a chuvia ou a neve vense só desde unha xanela cunha cunca quente nas mans, á calor dunha perfecta cheminea que non guinda faíscas nin mancha o chan coa súa cinza. Non hai cheiros nin insectos que piquen nin lama nin soles abafantes. Si, arrecendos de primavera, praias de augas de cristal (por suposto, con temperaturas ideais para mergullar o corpo humano), lecer, saúde e exercicio. É a natureza de Branca de Neve cando os paxariños e outros animais a axudan a facer a cama. É unha habitación-burbulla de turismo rural onde durmir baixo un teito de plástico transparente para ver as estrelas sen que o orballo nos amole.
O campo catastrófico é o que se presenta cando xa non falamos de visitalo, senón de habitalo. Nesta versión, a narrativa dá media volta e insiste nos cheiros, o frío, o esforzo físico, a sucidade, os perigos, o illamento. É un ambiente hostil e duro, onde o corpo se resente, envellécese antes e trabállase de sol a sol.
Llerena Perozo Porteiro, Praza Pública, 27.11.2023
PREGUNTA 2. Produción textual
Redacte un texto en que describa a súa opinión sobre o campo, a partir das consideracións da autora. *Extensión aproximada: 250 palabras. (2,5 puntos)

Solución
Solución de AprenAI (no es la oficial)
Redacte un texto en que describa a súa opinión sobre o campo, a partir das consideracións da autora. *Extensión aproximada: 250 palabras.
Solución: Texto argumentativo de opinión persoal ben estruturado arredor do tema proposto.
La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium
Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.