Pregunta 3.3 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Extraordinaria 2024
Tema: Fonética e fonoloxía do galego · Del examen Extraordinaria (2024)
Enunciado
TEXTO
Ultimamente fálase decote do campo baleirado. O 84,4% da nosa poboación vive en núcleos urbanos, mentres que o turismo rural e de natureza non deixan de medrar. Non son quen de obviar que estes dous feitos falan entre si.
Existe unha enorme desconexión emocional coa natureza nese 84,4% por cento de persoas urbanas que, ademais, é moi semellante en todas as sociedades occidentalizadas. A narrativa presenta tan só dous escenarios tópicos na hora de “contar” o campo: o romántico e o catastrofista.
O campo romántico é o que sae nos anuncios de perfumes ou moda e o das ofertas turísticas. Trátase de espazos “limpos”, onde a chuvia ou a neve vense só desde unha xanela cunha cunca quente nas mans, á calor dunha perfecta cheminea que non guinda faíscas nin mancha o chan coa súa cinza. Non hai cheiros nin insectos que piquen nin lama nin soles abafantes. Si, arrecendos de primavera, praias de augas de cristal (por suposto, con temperaturas ideais para mergullar o corpo humano), lecer, saúde e exercicio. É a natureza de Branca de Neve cando os paxariños e outros animais a axudan a facer a cama. É unha habitación-burbulla de turismo rural onde durmir baixo un teito de plástico transparente para ver as estrelas sen que o orballo nos amole.
O campo catastrófico é o que se presenta cando xa non falamos de visitalo, senón de habitalo. Nesta versión, a narrativa dá media volta e insiste nos cheiros, o frío, o esforzo físico, a sucidade, os perigos, o illamento. É un ambiente hostil e duro, onde o corpo se resente, envellécese antes e trabállase de sol a sol.
Llerena Perozo Porteiro, Praza Pública, 27.11.2023
3.3 « N on hai cheiros» Explique se as grafías subliñadas representan fonemas distintos e localice no texto catro palabras (en total) nas que aparezan os mesmos sons. [0,75 puntos]
a)
b)
c)

Solución
Según los criterios oficiales de corrección
3.3. «Non hai cheiros» Explique se as grafías subliñadas representan fonemas distintos
Solución: O primeiro é un n alveolar (/n/) e o segundo, velar (/ŋ/). Son fonemas distintos porque teñen trazos distintivos, o que implica que poden comportar cambio de significado nas palabras que os porten.
3.3. Dúas palabras do texto con n alveolar
Solución: nese, na / narrativa / natureza / nosa
3.3. Dúas palabras do texto con n velar
Solución: dunha / unha / mans / en / desconexión / chan / sen / un / non / nin (n en posición implosiva)
La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium
Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.
‹ Ejercicio 2.1 - Fonética · Ordinaria 2025 · Pregunta 3 - Fonética · Ordinaria 2022 ›