Pregunta 1 · Artes Escénicas PAU Galicia Extraordinaria 2026

Tema: Puesta en escena de un fragmento: contexto de la obra y proceso de montaje · Del examen Extraordinaria (2026)

Enunciado

PREGUNTA 1. EXPRESIÓN Y COMUNICACIÓN ESCÉNICA / REPRESENTACIÓN Y ESCENIFICACIÓN. [7 puntos]

Usted quiere estrenarse como director teatral, llevando a escena Unha rosa é unha rosa, de Suso de Toro. Para presentar el proyecto debe explicarle al responsable de Cultura del lugar donde se haga la representación el contexto histórico y literario de la pieza teatral, para que comprenda el valor de la representación en la ciudad de esta obra. También tiene que explicarle, como ejemplo, los procesos necesarios para el diseño de la puesta en escena a partir del siguiente fragmento, detallando las particularidades de las distintas fases que permiten materializar el espectáculo.

ESCENA OITAVA

DOUTOR: ( Todo de negro) Ola

ADELA: Quen é vostede?

DOUTOR: Son o que acompaño a xente cando morre.

ADELA: Aaah, a morte!

POLOLO: Caronte, o que leva as almas!

DOUTOR: Tranquilícense. Tamén curo catarreiras e fago partos, son doutor en Medicina. Chamáronme vostedes, seica a súa tía estaba un pouco... morta.

POLOLO: Si, si. Parece que ela... morreu un pouco.

ADELA: E como é que ven tan axiña? Non hai un minuto aínda que chamamos. Isto é unha película de terror ou unha obra de teatro para aparecer así tan lixeiro.

POLOLO: Iso, como aparece tan axiña? Non estaría a axexar por aquí fóra?

DOUTOR: Ai, mira ti. E se estivese axexando que? Logo non teñen a conciencia tranquila? Algún crime que agachar, pillabáns?

ADELA: Noooonn. Ca.

POLOLO: Era un falar.

DOUTOR: Era unha bromiña, era unha bromiña. É que teño un Motorola, parruliños, e pasaba por preto de aquí cando recibín a chamada. Ai, que nervios, como nos poñemos por nada.

POLOLO: Ai, que parrandeiro. Que me sobe o colesterol.

DOUTOR: Clombuterol, clombuterol.

POLOLO: Clombuterol? Pois o clombuterol. Clombuterol?

ADELA: Ande, doutor, vaia alí antes de que se dea unha lipotimia.

DOUTOR: Linotipia, linotipia.

ADELA: Linotipia? Pois antes de que me dea unha linotipia mírenos a tía, a ver se pode facer algo por ela.

DOUTOR: ( Subindo empurrado por Pololo polas escaleiras e ollando para Adela que camiña diante) Estouna mirando e, se quere, podo facer algo por vostede.

ADELA: Por favor, nun momento así.

DOUTOR: Ben, faríame falta algo máis que un momento. Xa non son novo.

(Ela empúrrao dentro e cerra. Fica fóra escoitando; Pololo ao pé das escaleiras. O médico colle unha man da morta, déixaa caer. Bebe do vaso, fai gargarexos. Cóllelle o puro á morta, apaña o caderno, mírao, arranca unha folla e sae)

ADELA: Como a ve?

DOUTOR: ( Baixando) Mal, mal, eu véxoa mal.

ADELA: Mal?

DOUTOR: Bastante mal. Quedáronme as lentes no auto.

POLOLO: E que lle parece?

DOUTOR: Que morreu.

ADELA: Morreu?

DOUTOR: Naturalmente.

POLOLO: Escriba logo <<morte natural>>.

DOUTOR: Descoiden. E atopei un papeliño en que a finada deixaba un terzo da herdanza á filla dunha sobriña morta, que está no hospicio.

POLOLO: A ver, a ver, que o poida coller eu para ler.

ADELA: Déanolo a nós, que xa o gardaremos.

DOUTOR: Non, non. No estado de prostración e ansiedade en que están poderíano extraviar. Vostedes teñen que tomar un pedante e descansar. Bastante padeceron. O papel xa llo darei eu ao notario, que é meu irmán.

(Os outros nerviosos ao redor)

Fragmento de Unha rosa é unha rosa, de Suso de Toro

Enunciado: Pregunta 1 · Artes Escénicas PAU Galicia Extraordinaria 2026

Solución

Según los criterios oficiales de corrección

Usted quiere estrenarse como director teatral, llevando a escena Unha rosa é unha rosa, de Suso de Toro. Para presentar el proyecto debe explicarle al responsable de Cultura del lugar donde se haga la representación el contexto histórico y literario de la pieza teatral, para que comprenda el valor de la representación en la ciudad de esta obra. También tiene que explicarle, como ejemplo, los procesos necesarios para el diseño de la puesta en escena a partir del siguiente fragmento, detallando las particularidades de las distintas fases que permiten materializar el espectáculo.

Solución: Respuesta abierta de desarrollo conceptual, contextual y de puesta en escena teatral.

La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium

Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.

Pregunta 1 · Ordinaria 2026 ›

Más ejercicios de Puesta en escena de un fragmento: contexto de la obra y proceso de montaje