Pregunta 1 · Artes Escénicas PAU Galicia Ordinaria 2025
Tema: Puesta en escena de un fragmento: contexto de la obra y proceso de montaje · Del examen Ordinaria (2025)
Enunciado
PREGUNTA 1. EXPRESIÓN Y COMUNICACIÓN ESCÉNICA / REPRESENTACIÓN Y ESCENIFICACIÓN. [7 puntos]
Usted quiere estrenarse como director teatral, llevando a escena As desterradas, de Carme Varela, en el Teatro Principal de Santiago de Compostela. Para presentar el proyecto debe explicarle al concejal de Cultura del Ayuntamiento compostelano el contexto histórico y literario de la pieza teatral, para que comprenda el valor de la representación en la ciudad de esta obra. También tiene que explicarle, como ejemplo, los procesos necesarios para el diseño de la puesta en escena a partir del siguiente fragmento, detallando las particularidades de las distintas fases que permiten materializar el espectáculo.
ESCENA QUINTA
Un espazo diáfano que pode ser nun corredor ou no claustro. Tareixiña entra correndo e saúda a sor Einés e sor Elvira cun aceno de respecto. Unha luz como de tronada, moi brillante e á vez fría coma a prata, envolve todo.
SOR EINÉS: Onde te metiches?
TAREIXIÑA (dubitativa): Estaba... estaba... (resolvendo con certa inseguridade) estaba no torno atendendo un peregrino.
SOR EINÉS: Un peregrino? Non o sentín chamar!
TAREIXIÑA: Pois chamar chamou, eh? Chamou dúas veces mentres estabamos no rezo. Eu ben o escoitei e funo atender.
SOR EINÉS: Ti atendes a todo menos ao que hai que atender! E que quería o romeiro? Deixar unha esmola para o culto do noso san Paio?
TAREIXIÑA: Pois deixar, deixar... non deixou nada (amosando as mans baleiras). Disque levaba présa, que lle tiraron pedras uns rapazotes no fondo da aldea. Quería... o que queren os peregrinos... saber por onde se vai para Santiago de Compostela. Que disque onte durmira da banda de alá, ao pé da capela da Orada, e hoxe cruzou o Miño dende Portugal na barca.
SOR EINÉS: Moito me escama que non fose cara ao Freixo. Case todos van pola Virxe do Camiño. E ti que lle dixeches?
TAREIXIÑA: Pois... (apurada para disimular a mentira) guieino para que fose dar co camiño dos que van de Melgaço. Non sabe? Que van pola Portela, da Portela a Paradela de Valeixe, de alí á ponte das Poldras e a Parada das Achas. E díxenlle que mañá, se andaba lixeiro e Noso Señor quere, chegaría á Franqueira.
SOR ELVIRA (facéndolle un agarimo a Tareixiña): Sor Einés, agora dá gusto con estas rapazas novas, son tan espelidas!
SOR EINÉS: Si, si, agora non son como eramos nós, que tiñamos máis medo que vergonza. Aínda así non sei se é como ti dis ou o mandarías dar moita volta de noso señoriño... Ha de ter que dar ao zoco se quere chegar á Franqueira mañá. Para min que ía mellor por...
TAREIXIÑA (interrompendo): Eu conteillo segundo mo dixo a min meu pai cando me foi levar a Compostela. Igual non llo dixen ben...
SOR EINÉS: Pois agora xa foi, Marica non chores.
SOR ELVIRA: E non lle falaches ao romeiro do noso san Paio?
TAREIXIÑA: Non me acordou!
SOR EINÉS: Pois estamos boas... Habemos de comer quente!
TAREIXIÑA: É que non me preguntou por san Paio.
SOR EINÉS: E se non che pregunta, ti xa non lle contas?! Outras veces ben que falas sen que che pregunten.
SOR ELVIRA: Haille que falar a todo o mundo do noso santiño! Ti non ves que aínda hai xente que non sabe que san Paio era de aquí?
SOR EINÉS: É o xeito de que deixen algunha esmola! Os romeiros sempre levan cartos para esmolas e vanas deixando polas igrexas e mosteiros polos que pasan. Ves como onte parou na Orada? E non hai ninguén que non se abraie co milagreiro que é o noso Neno Mártir. Como cho saiba a abadesa hate poñer boa!
SOR ELVIRA (cómplice con Tareixiña): E se non llo contamos non ten por que sabelo...
SOR EINÉS: Se non llo contamos, non. Non temos por que falar máis da conta! (Rin as tres.) Agora aligura! Vai lixeira para dentro, que hai que acabar de escoller os feixóns antes de que volva a nosa abadesa de ler a carta da raíña de Castela.
TAREIXIÑA (arrepentida): Xa se me varreran os feixóns do sentido! Non fago máis que meterme en leas. E todo porque non as penso! Que non é con mala intención, poden crermo, pero se non me dou corrixido vou dar unha mala monxa. (Moi tristeira.) A madre abadesa fai ben en non confiar en min.
SOR ELVIRA (senta nun escano e chama por Tareixiña para onda ela): Non te desgustes, Tareixiña, que para outra vez seguro que xa che acorda. Nós tampouco nacemos aprendidas. A melancolía é un pecado grandísimo, e as monxas non podemos consentilo en nós.
Tareixiña séntase ao seu carón e pousa a cabeza no ombreiro de sor Elvira. Comeza sor Elvira a adoutrinala collendo unha man de Tareixiña entre as súas.
Fragmento de As desterradas, de Carme Varela
1.
2.

Solución
Según los criterios oficiales de corrección
Contexto histórico e literario da peza teatral (As desterradas, de Carme Varela) e xustificación do seu valor de representación en Santiago de Compostela
Solución: Contextualización histórica y literaria de la obra: - Contexto histórico: La pieza se sitúa en un momento clave de la historia gallega y compostelana (reforma monástica a finales de la Edad Media impulsada por los Reyes Católicos y la corona de Castilla, reforma de la orden benedictina que llevó a la clausura y absorción de los monasterios femeninos gallegos, destierro o traslado forzoso de comunidades de monjas, las relaciones de poder entre la Iglesia/Corona y los monasterios locales, el Camino de Santiago, las peregrinaciones y la devoción a San Paio / San Pelayo). - Contexto literario: Obra de Carme Varela galardonada con el XXX Premio de Teatro Álvaro Cunqueiro (2021). Dramaturgia gallega contemporánea que rescata la memoria histórica y la perspectiva de las mujeres en las instituciones religiosas medievales/modernas. - Justificación de la representación en Santiago: Conexión directa con el Monasterio de San Paio de Antealtares y la historia de la propia ciudad de Compostela como meta de peregrinación y centro de poder eclesiástico.
Deseño da posta en escena a partir do fragmento: fases e procesos para a materialización do espectáculo teatral
Solución: Diseño de la puesta en escena a partir del fragmento: - Fases del proceso teatral: 1. *Fase de preproducción / analítica:* Análisis dramatúrgico del texto, investigación estética y concepción del proyecto de dirección. 2. *Diseño plástico y espacio escénico:* Traducción de la acotación («espacio diáfano en un corredor o claustro», luz de tormenta brillante y fría) a la iluminación, diseño escenográfico, vestuario monacal de época con elementos simbólicos, y ambientación sonora (rezos, truenos, campanas). 3. *Fase de ensayos y dirección de actores:* Construcción de los personajes (el contraste generacional y anímico entre sor Einés, Tareixiña y sor Elvira; manejo de los gestos e intenciones indicados en las didascalias). 4. *Fase técnica y montaje:* Ensayos técnicos, ensayos generales, ajuste de luces y sonido en el espacio concreto (Teatro Principal). 5. *Estreno y exhibición.*
La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium
Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.
‹ Pregunta 1 · Extraordinaria 2025 · Pregunta 2 · Extraordinaria 2024 ›
Más ejercicios de Puesta en escena de un fragmento: contexto de la obra y proceso de montaje
- Pregunta 1 · Extraordinaria 2026
- Pregunta 1 · Ordinaria 2026
- Pregunta 1 · Extraordinaria 2025
- Pregunta 2 · Extraordinaria 2024
- Pregunta 4 · Extraordinaria 2024
- Problema 2 · Ordinaria 2024
- Problema 4 · Ordinaria 2024
- Pregunta 2 · Extraordinaria 2023
- Pregunta 4 · Extraordinaria 2023
- Pregunta 2 · Ordinaria 2023