Ejercicio 1.1 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2026

Tema: Resumo, tema e estrutura do texto · Del examen Ordinaria (2026)

Enunciado

TEXTO

A terrible DINA (Depresión illada en niveis altos) que atravesou Valencia coma un raio na tempestade, con todas as súas mortíferas consecuencias, non foi unha catástrofe natural por máis que o repitamos. (...) Non é culpa da natureza: é, indiscutiblemente, de orixe humana.

Xa hai días que renxe a expresión de “catástrofe natural”, coma quen bota balóns fóra, coma se o feito de que o Mediterráneo estivese a 30ºC no verán fose o normal e non teña que ver con nós. (...)

Hai moitos anos que a ciencia nos alerta de que este estilo de vida e de consumo no que estamos inmersos é un imposible. Antes de doar para as consecuencias desta DINA sen nome, habería que pensar na lóxica de caer na tolemia do Black Friday ou de comprar, por exemplo, uns calcetíns nunha web chinesa para que nolos traian á nosa casa a máis de 10.000 quilómetros. (...)

É unha cegueira que mata e que o vai seguir facendo porque, sabendo o que hai que facer, seguimos correndo desnortados cara ao abismo. (...)

Agocharse trala palabra “natural” non vale. Non hai nada máis antinatural que ir en contra da natureza.

Rosa M. Tristán, “As catástrofes climáticas do século XXI, de ‘naturais’ nada”, Luzes, nº 134, novembro de 2024

1.1. Realice un resumo do texto destacando nel as ideas principais. Evite parafrasear o texto. Extensión aproximada: 60 palabras. [1,25 puntos]

Enunciado: Ejercicio 1.1 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2026

Solución

Según los criterios oficiales de corrección

1.1. Realice un resumo do texto destacando nel as ideas principais. Evite parafrasear o texto. Extensión aproximada: 60 palabras.

Solución: A catastrófica DINA (Depresión illada en niveis altos) de Valencia evidenciou un grave problema: o ser humano, co seu proceder consumista e antiecolóxico, está a mudar drasticamente o clima planetario con devastadoras consecuencias. Así, por exemplo, fixo que a temperatura do Mediterráneo alcanzase os 30º no verán. Polo mesmo, escudarse na etiqueta "catástrofe natural" non nos exime da nosa responsabilidade. (60 palabras)

La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium

Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.

‹ Ejercicio 1.1 - Resumo do texto · Extraordinaria 2026 · Pregunta 1.1 · Extraordinaria 2025 ›

Más ejercicios de Resumo, tema e estrutura do texto