Pregunta 1 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2021

Tema: Resumo, tema e estrutura do texto · Del examen Ordinaria (2021)

Enunciado

TEXTO

A perfección non existía.

De quen era a culpa de que ela non fose perfecta?

Non obstante, os seus seguidores non tiñan por que sabelo, Bieito sempre llo dicía. O que comezara como unha simple diversión había sete anos, colgando fotos súas nas redes co modeliño que levar tal ou cal día, agora era un traballo profesional pagado con centos e mesmo miles de euros por imaxe subida, se o patrocinador era potente. Nunca tivera as cifras moi claras; esas cousas sempre as levara el. O único que sabía era que ía case polo medio millón de seguidores.

Colleu o móbil do estante e mergullouse na nata artificial, tapando os puntos estratéxicos do corpo. Aquí vese demasiado, aquí demasiado pouco. Así. Estirou o brazo e sorriu de xeito suxerinte. Había moito tempo que non se fotografaba polo simple pracer de facelo, sempre dirixida polas profesionais que controlaba Bieito. Fotógrafa, perruqueira, maquilladora... Había que darlle unha imaxe máis sofisticada ao blog, dicía el.

Puxo a cámara interna. As imperfeccións non tiñan importancia se ninguén sabía delas. Se medio millón de persoas dicían que eras perfecta, tanto tiña como te vises ti.

Sacou a foto e subiuna ao blog de inmediato. Seguramente algún diría que o fixera para anunciar a máscara de pestanas que provocaba a súa sensual caída de pálpebras, ou a pasta dentífrica branqueadora que facía que a perfecta dentadura reflectise a luz do flash. Mellor que pensasen iso que o que realmente se agochaba detrás: que deixara de ter control sobre a súa propia vida e que aquela pequena falcatruada lle lembraba que aínda podía facer algunha que outra cousa sen pedir permiso.

Antía Yáñez. Senlleiras.

PREGUNTA 1. Comprensión do texto

1.1.

Indique nunha liña como máximo o tema do texto. [0,5 puntos]

1.2.

Elabore un resumo do texto no que recolla as súas ideas principais. [1 punto]

1.3.

Propoña un adxectivo para describir a protagonista do texto e outro para describir a Bieito. Escolla un enunciado concreto do texto para xustificar a súa proposta. [1 punto]

Enunciado: Pregunta 1 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2021

Solución

Según los criterios oficiales de corrección

1.1. Indique nunha liña como máximo o tema do texto.

Solución: A escravitude / dependencia / limitación de liberdade provocada pola exposición pública nas redes. // Presión sobre a propia imaxe debido aos estereotipos de xénero.

1.2. Elabore un resumo do texto no que recolla as súas ideas principais.

Solución: O que empezou como unha afección converteuse nun traballo profesional rendible xestionado e controlado por Bieito. A protagonista, obrigada a proxectar unha imaxe perfecta e sofisticada, decátase de que perdeu o control sobre a súa vida e publica pola súa conta unha fotografía na rede como un xesto persoal de rebeldía e recuperación da súa autonomía.

1.3. Propoña un adxectivo para describir a protagonista do texto. Escolla un enunciado concreto do texto para xustificar a súa proposta.

Solución: Protagonista = dependente / submisa / manipulada. Cita: «deixara de ter o control sobre a súa propia vida».

1.3. Propoña un adxectivo para describir a Bieito. Escolla un enunciado concreto do texto para xustificar a súa proposta.

Solución: Bieito = manipulador / controlador / dominante. Cita: «sempre dirixida polas profesionais que controlaba Bieito» / «esas cousas sempre as levara el».

La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium

Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.

‹ Pregunta 1 (1.1, 1.2) - Estrutura e tema · Extraordinaria 2021

Más ejercicios de Resumo, tema e estrutura do texto