Ejercicio 1.1 - Resumo do texto · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2025
Tema: Resumo, tema e estrutura do texto · Del examen Ordinaria (2025)
Enunciado
TEXTO
Se ben é certo que no momento actual todas as persoas que falamos galego nos recoñecemos como falantes dun mesmo idioma, con todos os matices das falas de cadaquén, tamén o é que a lingua está nun proceso permanente e continuo de transformación, de cambio e de innovación. Conviría preguntarse se Martín Codax e Rosalía de Castro entenderían o galego do século XXI e, asemade, se se identificarían con el. Sobre a primeira resposta, poucas dúbidas temos de que si nos entenderían. Sobre a segunda, a cousa non é tan doada, sobre todo se pensamos na variedade do galego que, desde hai catro décadas, se está a estender como variedade referencial, e que coñecemos como variedade estándar. Con certeza, identificaríanse máis co galego de Fernández del Riego.
O galego estándar é unha variedade lingüística supradialectal, planificada desde posicións académicas co correspondente aval político, cuxa principal finalidade adoita ser idear e promover unha estratexia niveladora da extraordinaria diversidade que caracteriza a nosa lingua. A partir desa diversidade, sobre todo da variación diatópica, elabórase unha variedade orientada a potenciar o seu uso no sistema educativo, nos medios de comunicación e na administración, en particular no que atinxe aos usos escritos da lingua.
Fernando Ramallo, “Que é o galego estándar?”, Que pasa co galego? (2023)
1.1. Realice un resumo do texto destacando nel as ideas principais. Evite parafrasear o texto, exprésese coas súas palabras. Extensión aproximada: 60 palabras. [1 punto]

Solución
Según los criterios oficiales de corrección
1.1. Realice un resumo do texto destacando nel as ideas principais. Evite parafrasear o texto, exprésese coas súas palabras. Extensión aproximada: 60 palabras. (1 punto)
Solución: Aínda que os galegofalantes comparten a conciencia de pertencer a un mesmo idioma, a lingua experimenta unha constante transformación no tempo e presenta gran diversidade dialectal. Para responder a estas diferenzas e garantir a cohesión nos ámbitos formais, xurdiu o galego estándar: unha variedade supradialectal e institucionalizada deseñada para o ensino, a administración e os medios de comunicación.
La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium
Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.
‹ Pregunta 1.1 · Extraordinaria 2025 · Pregunta 1.1 e 1.2 · Extraordinaria 2024 ›
Más ejercicios de Resumo, tema e estrutura do texto
- Ejercicio 1.1 - Resumo do texto · Extraordinaria 2026
- Ejercicio 1.1 · Ordinaria 2026
- Pregunta 1.1 · Extraordinaria 2025
- Pregunta 1.1 e 1.2 · Extraordinaria 2024
- Ejercicio 1 - Resumo e tema · Ordinaria 2024
- Pregunta 1.1 - Resumo · Extraordinaria 2023
- Pregunta 1.1 · Ordinaria 2023
- Pregunta 1 - Resumo e tema · Ordinaria 2022
- Pregunta 1 (1.1, 1.2) - Estrutura e tema · Extraordinaria 2021
- Pregunta 1 · Ordinaria 2021