Ejercicio 4.2 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2026

Tema: Literatura galega desde 1975 ata hoxe · Del examen Ordinaria (2026)

Enunciado

PREGUNTA 4. EDUCACIÓN LITERARIA. (2,25+0,75=3 puntos).

Realice só un destes dous comentarios:

4.2. Este poema de Luisa Castro (Foz, 1966) pertence ao libro Baleas e baleas (1988). Relacione o texto, brevemente, coa poesía do seu tempo. Indique o tema central do poema xustificándoo a partir de exemplos tirados do texto, describa o tipo de emisor (voz lírica) e comente tres figuras retóricas presentes nel. Extensión aproximada: 200 palabras. (2,25 puntos).

Anque se rían dos versos que che escribo

e que deixo agochados entre as mantas do catre

pedaleo

e Vegadeo é de lonxe unha caixa de mistos,

levo alas nas rodas,

vou na llanta,

recoñezo a paisaxe e teño alma porque fago amizades

cunha recua de cans de varios pobos e diversa índole

Ládranme porque te amo

tíranseme ós zapatos coma fanecas salvaxes.

Luisa Castro, Baleas e baleas (1988)

Criterios xerais: A produción de textos escritos respectando as propiedades textuais (adecuación, coherencia e cohesión), con corrección (ortográfica e gramatical), servíndose dun léxico adecuado e preciso e observando a extensión recomendada puntúase con ata 0,75 puntos.

a)

b)

c)

d)

Enunciado: Ejercicio 4.2 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2026

Solución

Según los criterios oficiales de corrección

Relacione o texto, brevemente, coa poesía do seu tempo

Solución: Este poema de Luísa Castro amosa algunhas das características principais da renovación estética e temática da poesía galega dos anos 80, como a poematización da vida cotiá, o afondar intimista ou a procura dunha expresión que combina imaxes neosurrealistas con rexistros coloquiais.

Indique o tema central do poema xustificándoo a partir de exemplos tirados do texto

Solución: Amor intenso e exultante, para o que non hai obstáculo nin distancia. O poema transparenta esta paixón afirmándose nos afectos (a voz lírica escribe versos á persoa amada), aínda que poidan resultar irrisorios para algúns, aínda que a distancia dos amantes sexa importante (Vegadeo ao lonxe, cara ao que pedalea "na llanta"), mesmo aínda que haxa recuas de cans ladradores e adoecidos como "fanecas bravas" que tenten impedir a unión dos amantes.

Describa o tipo de emisor (voz lírica)

Solución: Este poema presenta un emisor individual, de visión uniforme (pois a súa percepción non varía ao longo do texto) e (co)protagónica (xa que os sentimentos que expresa proxectan o seu propio eu namorado), que se manifesta en primeira persoa e se dirixe a un ti ausente que é a súa persoa amada, ao encontro da cal vai.

Comente tres figuras retóricas presentes nel

Solución: Comentario de tres figuras retóricas entre as seguintes: — Metáforas: Vegadeo como "caixa de mistos"; "alas nas rodas". — Símiles: "tíranseme ós zapatos coma fanecas salvaxes". — Hipérbatos: "Anque (...) pedaleo". — Paralelismos: "levo (...) / vou (...)"; "Ládranme (...) / tíranseme (...)".

La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium

Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.

‹ Ejercicio 4.2 · Extraordinaria 2026 · Pregunta 4.2 · Extraordinaria 2025 ›

Más ejercicios de Literatura galega desde 1975 ata hoxe