Pregunta 6 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2022

Tema: Literatura galega desde 1975 ata hoxe · Del examen Ordinaria (2022)

Enunciado

PREGUNTA 6. Educación literaria

6. Contextualice este poema na época correspondente. Destaque e analice dúas características do poema que permitan situar o seu autor nas novas tendencias deste xénero. Engada o nome doutras dúas voces poéticas representativas desta época e un poemario de cada unha. (Ext. aprox. 250 palabras) (2,5 puntos)

Quérennos caladas,

submises,

escravas sen futuro,

obxectos tan fermosos

ollando cara abaixo.

Por iso é que nos matan.

Daniel Asorey. Transmatria (2019).

Enunciado: Pregunta 6 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2022

Solución

Según los criterios oficiales de corrección

6. Contextualice este poema na época correspondente. Destaque e analice dúas características do poema que permitan situar o seu autor nas novas tendencias deste xénero. Engada o nome doutras dúas voces poéticas representativas desta época e un poemario de cada unha. (Ext. aprox. 250 palabras)

Solución: Poesía actual (século XXI), na tendencia que reivindica as desigualdades sociais, centrada na muller: denuncia da violencia de xénero desde unha primeira persoa colectiva feminina («nos») fronte a un «eles» opresor («queren», «matan»). Forma: linguaxe próxima, clara e directa, fronte ao culturalismo doutros períodos; uso de linguaxe non binaria («submises»). Outras voces: Marta Dacosta (Notas sobre a extinción), Fran Alonso (Terraza), Carlos Negro (Penúltimas tendencias), María do Cebreiro (O deserto).

La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium

Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.

‹ Pregunta 6 · Extraordinaria 2023 · Pregunta 6.2 · Extraordinaria 2021 ›

Más ejercicios de Literatura galega desde 1975 ata hoxe