Ejercicio 4.2 - Educación literaria: Luz Pozo Garza · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2025

Tema: Literatura galega desde 1975 ata hoxe · Del examen Ordinaria (2025)

Enunciado

4.2. Este poema de Luz Pozo Garza pertence ao libro Verbas derradeiras (1976). Relacione o texto, sucintamente, co conxunto da escrita da autora. Indique o tema central do poema xustificándoo a partir de exemplos tirados do texto e analice as principais figuras literarias que nel se empregan. Extensión aproximada: 200 palabras. (2 puntos)

Soidade

a soidade

é unha nena tristeira

un can late na sombra

unha porta

bateuse

contra o medo

soidade meniña

sen amor

esquecida no medio do silencio

abandoada chuvia

caen as follas

soidade

meniña adormecida

nun curruncho

trema de frío

e noite

cabo da xente

Luz Pozo Garza, Verbas derradeiras (1976)

Enunciado: Ejercicio 4.2 - Educación literaria: Luz Pozo Garza · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2025

Solución

Según los criterios oficiales de corrección

Relacione o texto, sucintamente, co conxunto da escrita da autora.

Solución: Luz Pozo Garza é voz esencial da renovación lírica galega da segunda metade do século XX e autora destacada da Promoción de Enlace. Poeta do amor, do sensualismo e do simbólico en constante diálogo intertextual coa tradición galega e universal. Obras destacadas: O paxaro na boca (1952), Verbas derradeiras (1976), Concerto de outono (1981), Códice calixtino (1986), Prometo a flor de loto (1992) ou Rosa tántrica (2016).

Indique o tema central do poema xustificándoo a partir de exemplos tirados do texto.

Solución: O tema central é a soidade e o desamparo existencial na orfandade do ser humano, exemplificado ao longo do poema («a soidade / é unha nena tristeira», «soidade meniña / sen amor», «esquecida no medio do silencio», «trema de frío»).

Analice as principais figuras literarias que nel se empregan.

Solución: - Personificación / alegoría: a soidade representada como unha nena indefensa («unha nena tristeira», «meniña adormecida / nun curruncho / trema de frío»). - Conmoración: ampliación do motivo da nena-soidade desde múltiples perspectivas. - Paralelismos e anáforas («un can... unha porta», «soidade meniña / sen amor... soidade / meniña adormecida»). - Campo semántico da orfandade e desvalemento (tristeira, medo, sen amor, esquecida, silencio, abandoada, frío, noite). - Imaxes visionarias e sinestesias («unha porta / bateuse / contra o medo», «abandoada chuvia»).

La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium

Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.

‹ Pregunta 4.2 · Extraordinaria 2025 · Problema 5 · Ordinaria 2024 ›

Más ejercicios de Literatura galega desde 1975 ata hoxe