Pregunta 4.2 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Extraordinaria 2025
Tema: Literatura galega desde 1975 ata hoxe · Del examen Extraordinaria (2025)
Enunciado
PREGUNTA 4. EDUCACIÓN LITERARIA. (2+0,5=2,5 puntos).
4.2. Este poema de Olga Novo pertence ao libro Nós nus (1997). Relacione o texto, sucintamente, co conxunto da escrita da autora e coa poesía galega dos anos 90. Indique o tema central do poema xustificándoo a partir de exemplos tirados do texto e analice as principais figuras literarias que nel se empregan. Extensión aproximada: 200 palabras. (2 puntos)
Os líquidos íntimos
coa miña pel podes facer enxertos nas mazairas
algunhas conservan estirados os nomes que gravei a navalladas
tódalas tardes ó volver da escola.
acostumada a tirar por un poema como por un becerro cando se lle ven as patas,
cando xa non se está en idade de medrar
toda maduración require un desgarro de tendóns
entón é cando corren polo meu peito rabaños de cabras que non se dirixen a ningunha parte
sóbenme ás paredes desde as que te vexo,
arrancan coa lingua o pasto mentres te vas.
o tacto dos teus violíns faime chorar terriblemente.
E case non podo soportar que as túas mans me acariñen
como a la dos xerseis que me facía a miña mai cando era nena
pero coa miña pel
coa miña pel podes facer enxertos nas mazairas.
Olga Novo, Nós nus (1997)

Solución
Según los criterios oficiales de corrección
4.2. Este poema de Olga Novo pertence ao libro Nós nus (1997). Relacione o texto, sucintamente, co conxunto da escrita da autora e coa poesía galega dos anos 90. Indique o tema central do poema xustificándoo a partir de exemplos tirados do texto e analice as principais figuras literarias que nel se empregan. Extensión aproximada: 200 palabras. (2 puntos).
Solución: Relación coa autora e cos 90 (0,5): Olga Novo, voz esencial da poesía galega dos 90, de estética renovadora, telúrica, erótica, neosurreal e feminista (A teta sobre o sol, Nós nus, A cousa vermella, Cráter, Feliz Idade); explosión poética dos 90 e escrita de muller. Tema (0,5): amor apaixonado de intimidade radical. Figuras (1): símiles («tirar por un poema como por un becerro»), imaxes visionarias («corren polo meu peito rabaños de cabras»), hipérbatos, metáforas («o tacto dos teus violíns»), anáforas («coa miña pel / coa miña pel podes»), paralelismos («sóbenme... / arrancan...») e estrutura circular.
La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium
Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.
‹ Ejercicio 4.2 · Ordinaria 2026 · Ejercicio 4.2 - Educación literaria: Luz Pozo Garza · Ordinaria 2025 ›