Texto del documento
Xeografía e Historia Curso 2025/26 1 UNIDADE TRANSVERSAL - Arte e cultura na Idade Media A arte é unha actividade creativa, individual ou colectiva, que utiliza elementos materiais para expresar a realidade, as emocións e as ideas. Ademais, a arte non é só o produto final creado, senón a idea a realización do mesmo. As belas artes clasificáronse tradicionalmente en artes maiores e artes menores. As artes maiores considerábanse a arquitectura, a escultura e a pintura. A arquitectura é a arte de proxectar e construír edificios ou espazos para o uso das persoas, e é considerada como arte porque ten vontade estética. Distinguimos a arquitectura civil e a relixiosa.
Dentro da arquitectura temos que distinguir os tipos de materiais, os elementos sustentadores (sustentan o peso: columnas, muros, piares...) dos elementos sustentados (arcos, linteis, cubertas, bóvedas, cúpulas...). A escultura é unha representación en tres dimensións que ocupa un lugar concreto e está pensada para estar nese lugar. Isto implica que as veces so poidamos observala dende un punto de vista. Dentro da escultura temos que distinguir os materiais, os instrumentos, a forma ou a temática. A pintura é unha representación en dúas dimensións na que partimos dun dibuxo, esbozo.
Temos que distinguir o instrumento empregado (pincel, paleta, espátula, lapis...), o soporte sobre o que se fai (parede, táboa, lenzo...), a técnica empregada (fresco, témpera, óleo...) a temática, as cores... No caso da arte medieval debemos ter en conta tamén os mosaicos e as vidreiras e as miniaturas. Os mosaicos son teselas de cores e diferentes materiais que decoran e adornan os muros. As vidreiras son vidros de cores que se colocan en forma de mosaico. As miniatura son pinturas de pequenas dimensións que decoran os manuscritos. 1. Arte, cultura e ciencia no Imperio bizantino Como xa sabedes, no ano 395 d.C. o emperador Teodosio dividiu o Imperio romano en dúas metades.
A metade oriental resistiu os ataques dos hunos e non foi tampouco conquistada polos reinos xermánicos, senón que evolucionou no Imperio bizantino. Xeografía e Historia Curso 2025/26 2 Pola súa localización e actividade comercial Imperio bizantino converteuse no centro cultural de referencia do Mediterráneo. Como sabedes, o Imperio bizantino mantivo inicialmente as formas de vida romanas, pero tras o reinado de Xustiniano no século VI foi adoptando elementos culturais gregos. Por exemplo, o grego substituíu á lingua latina nos documentos oficiais. Pero, ademais, o Imperio recibiu a influencias de Europa, de Asia e mais do mundo islámico.
A nivel artístico, desenvolveu unha arte suntuosa que se empregaba como forma de propaganda política ou para resaltar a importancia da relixión. Vexamos exemplos. A arquitectura bizantina: sobria por fóra, espléndida por dentro As manifestacións artísticas bizantinas teñen os seus exemplos máis brillantes na arquitectura e no mosaico. Estas expresións artísticas configúranse principalmente baixo a influencia romana clásica. Como nos reinos xermánicos, a Igrexa tivo un papel destacado na cultura bizantina. Por este motivo, os templos eran os edificios arquitectónicos máis importantes.
Estes templos tiñan plantas centrais como a da imaxe, ou ben planta basilical, con varias naves e unha gran cúpula central, ou ben unha planta de cruz. Ademais, esta arquitectura mantiña elementos da arquitectura romana: empregaba o ladrillo , os arcos de medio punto e as columnas de estilo romano. Ademais mantiveron o uso dun atrio e unha tribuna. Pero o máis característico da arquitectura bizantina era o uso dunha cuberta abovedada, con enormes bóvedas que descansaban sobre pendentes que axudaban a sustentala. A igrexa máis famosa do Imperio bizantino era a de Santa Sofía, construída no século VI d.C. Na imaxe en branco e negro podedes ver unha sección de como era orixinalmente.
Chamaba moito a atención a súa gran cúpula, con 40 fiestras que deixan entrar moita luz. A cúpula descansaba sobre catro pendentes e estaba apoiada en dúas semicúpulas apoiadas, á súa vez, en piares para descargar o peso. Xeografía e Historia Curso 2025/26 3 Arte bizantina: relevos, iconas e mosaicos Os elementos sustentantes rematan nos piares e columnas das naves. Igual que os visigóticos e que outros moitos pobos, o Imperio bizantino decorou os chapiteis (parte superior das columnas) das súas igrexas. Os chapiteis decóranse con relevos de formas vexetais ou animais, como o da fotografía. Tamén empregaban a policromía coa que se intentaba facelos aínda máis fermosos.
Fixádevos nos dourados, unha cor moi propia da arte bizantina. O dourado considerábase o símbolo da luz de Deus.. Ademais dis templos, a arte bizatina destacou pola riqueza dos seus mosaicos. Estas obras cubrían as paredes, as bóvedas e as cúpulas imitando o estilo dos romanos engadindo unha rica cor: o dourado. Nos mosaicos represéntanse iconas relixiosas, é dicir, imaxes de persoas consideradas santas que se veneraban. A maioría representaban a Xesucristo ou á Virxe María. Estas iconas tamén podían atoparse nas casas ou en lugares públicos.
A representación nos mosaicos é pouco naturalistas, as figuras aparecen frontais e hieráticas (sen expresións) e os fondos eran prateados ou dourados facendo que parezan esceas irreais. Na arte bizantina, os mosaicos empregáronse para difundir a figura dos emperadores e emperatrices ou para difundir a relixión cristiá. Dous dos máis famosos son os do emperador Xustiniano (á esquerda) e o da emperatriz Teodora, muller de Xustiniano (á dereita) Xeografía e Historia Curso 2025/26 4 2. Arte cultura e ciencia nos reinos xermánicos O Imperio romano desapareceu no 476 cando Odoacro, xefe xermánico, venceu ao último emperador romano: Rómulo Augusto.
A partir de entón, os reinos xermánicos, como o reino visigodo de Toledo, xurdiron a partir do século V nos restos do antigo Imperio romano de Occidente. Nestes reinos, mesturáronse a cultura xermánica coa cultura dos pobos romanizados. A cultura visigoda Nesta época, en contacto coa poboación romana, comezaron a existir mesturas culturais e artísticas entre os pobos anteriores e os novos xurdindo novos idiomas e novos estilos artísticos... que foron evolucionando independentemente en cada rexión. Todo este grupo de estilos encadrámolos en "prerrómánico". Sabedes que en moitos reinos a poboación converteuse ao cristianismo.
Os membros da Igrexa eran quen sabían ler e escribir e conservaban textos da Antiga Grecia e Roma. Ademais, os xermanos non tiñan arte propia, polo que perpetúan a arte romana pero empobrecendo os materiais. Nesta época creáronse os primeiros mosteiros, onde vivían as monxas ou os monxes. O día xiraba arredor dunha regra ou conxunto de normas. Os mosteiros posuían extensos terreos, porque recibían doazóns de terra a cambio de que as monxas e os monxes rezasen. Ademais, os mosteiros convertíronse en importantes centros de cultura: dispoñían dunha escola e dun scriptorium, que é o nome da sala na que se copiaban manuscritos e nos que se desenvolveu a arte da miniatura.
Beato, un monxe do século VIII escribiu un comentario á Apocalipse de San Xoán que foi decorado con preciosas ilustracións policromadas nos que se reflexa o movemento. A arte visigoda: arquitectura Debido á importancia da relixión nos reinos xermánicos os edificios máis importantes eran as igrexas. Imos ver como eran as que se edificaron no reino visigodo de Toledo. As igrexas que se construíron reempregaban moitas veces bloques de pedra ou columnas de edificios da época romana. Erguíanse en zonas rurais e eran de pequeno tamaño.
Os sustentantes principais dos edificios eran muros grosos construídos con bloques de pedra de forma regular ben tallados, mentres que os teitos nun principio eran de madeira para alixeirar o peso. Xeografía e Historia Curso 2025/26 5 Máis adiante, os muros estaban cubertos por bóvedas: conxuntos de arcos de medio punto. Porén, os visigodos introduciron tamén o arco de ferradura. Nalgúns casos, empezaron a construír as cubertas con cúpulas (imaxe da dereita), que adoitaban construírse sobre as plantas que tiñan naves cruzadas. A planta destas igrexas recibe o nome de planta basilical: é de forma alongada e rectangular. A planta dividíase en tres seccións chamadas naves.
A sección central ou nave central era máis alongada que as demais, como podedes ver na imaxe. Outras igrexas, en cambio, tiñan plantas en forma de cruz, con dúas naves cruzadas. As fachadas, ou portas que daban ao exterior, estaban enmarcadas por arcos de ferrería. Chamábaselles así porque tiñan a forma da ferradura que os ferreiros poñían ao gando. Para sustentar o teito e os arcos había numerosas columnas. Os chapiteis, ou partes superiores das columnas, estaban decorados con gravados ou esculturas. A decoración máis habitual era de tipo vexetal, ou con cruces. Porén, tamén hai algúns chapiteis que teñen gravadas escenas con persoas ou animais.
As persoas eran representadas de maneira pouco realista e de forma moi esquemática. A arte visigoda: pintura e ourivaría Algunhas igrexas visigóticas tiñan pinturas murais no seu interior, aínda que a maioría xa desapareceron. Nos murais recollíanse escenas relixiosas. Neste tipo de pintura representouse por primeira vez a imaxe de Xesucristo. Onde tamén destacou a arte visigoda foi na ourivaría, é dicir, na realización de obxectos decorativos empregando ouro e prata e outros metais non nobres como o bronce ou o ferro. As pezas decorábanse despois con xemas de distintos minerais, como o granate ou a ágata, e tamén con perlas.
Moitas destas xoias eran votivas: eran mandadas realizar polos nobres para logo ser entregadas ás Igrexas como ofrendas a Deus. Xeografía e Historia Curso 2025/26 6 3. Arte, cultura e ciencia no Islam (UD3.1.) Xa sabedes que o Islam é unha relixión que xurdiu no século VII na península arábiga. Os seguidores do Islam expandiron a nova relixión a medida que conquistaban territorios que ían desde a India até a Península Ibérica. Como falamos, a poboación destes territorios adoptou a relixión islámica, a lingua árabe e os números árabes. Ademais da relixión, os coñecementos científicos e as creacións artísticas deixaron unha importante pegada na área de influencia do Islam.
Imos ver como foi esta influencia na Península Ibérica. Os exércitos musulmáns e bérberes cruzaran o estreito de Xibraltar no ano 711 d.C. En catro anos xa controlaban gran parte da Península formando o emirato de Al-Ándalus. Vexamos a súa arte, a súa cultura e a súa ciencia. A ciencia en Al-Ándalus Nos primeiros séculos da Idade Media, o estudo e a investigación en territorio dos reinos xermánicos tiña lugar nos mosteiros. Unha parte importante da poboación non sabía nin ler nin escribir. En cambio, en Al-Ándalus os coñecementos científicos, o cultivo das artes e a educación tiveron unha enorme importancia.
Os primeiros emires crearon bibliotecas e fundaron numerosas escolas onde se transmitían os saberes das culturas grega, romana, persa, exipcia ou india. E despois, a través de Al-Ándalus, estes coñecementos rematarían chegando aos reinos cristiáns europeos. Novas técnicas e instrumentos De Oriente trouxeron o papel, que tamén se comezara a fabricar en China, e que rematou substituíndo ao pergameo. Para realizar cálculos, os reinos cristiáns comezaron a empregar o sistema de numeración decimal que era de orixe arábiga, e que rematou por substituír a numeración romana. Do territorio islámico tamén chegaron importantes avances en medicina.
Os médicos árabes, por exemplo, diseccionaban cadáveres para coñecer o funcionamento do corpo humano e desenvolveron novas receitas curativas con substancias vexetais. Xeografía e Historia Curso 2025/26 7 Como bos comerciantes, os territorios do califato islámico e de Al-Ándalus aprenderon a construír naves cada vez de maior tamaño. Ademais, importaron o uso do compás ou do cuadrante náutico para navegar desde China. A arte islámica Igual que no Imperio bizantino ou nos reinos xermánicos, en Al-Ándalus a arte estaba moi vinculada á relixión islámica.
A construción máis representativa era a mesquita, aínda que tamén se construíron edificios públicos como zocos (os mercados), baños e escolas (chamadas madrasas). Ademais, ao conformarse un gran imperio, os musulmáns souperon adaptar propostas artísticas das diferentes culturas que ían conquistando: a romana, a bizantina, a persa, a xermana...Polo que se convertiu nunha arte moi rica. O Islam prohibía a representación da imaxe de Alá, polo que a pintura e a escultura desenvolveron a decoración de mosaico e a abstracción de diferentes tipos: a lazaría (con formas xeométricas), o ataurique (formas vexetais) ou a caligráfica (con letras árabes que lembra a palabra de Mahoma).
Arquitectura islámica Na arquitectura islámica empregábanse materiais de construción sinxelos, o ladrillo e a madeira. A pedra non era habitual. Os edificios cubríanse mediante moitas bóvedas e cúpulas moi decoradas, de forma semellante ao Imperio bizantino. Os sustentos eran piares e columnas, sobre se apoiaban numerosos arcos. Os arcos máis habituais eran os de ferradura (como no reino visigodo) ou os lobulados como o da imaxe. A decoración exterior é moi austera, non estaban moi decorados, en cambio o interior dos edificios si.
Moitas das construcións, sobre todo os palacios, estaban rodeados por fermosos xardíns, cheos de natureza e de auga (fontes, pequenas canles que imitaban ríos etc.) Un dos edificios máis importantes, como podedes imaxinar, era a mesquita. A mesquita era o edificio no que oraba a poboación musulmá, aínda que tamén tiña unha escola e era onde se difundían as noticias importantes. Todas tiñan unha forma rectangular. Estaba composta das seguintes partes: Xeografía e Historia Curso 2025/26 8 Un patio (A) rodeado con columnas onde estaba a fonte onde as persoas purificábanse antes de entrar (sóavos este rito?). Unha sala cuberta (B) para a oración, cun muro orientado á Meca chamado a alquibla (C).
Na alquibla había un nicho chamado mihrab (D) que identificábao como muro que miraba á Meca. Preto atopábase o púlpito ou mimbar (E) desde o que falaba o imán, o home que dirixía a oración. As mesquitas tiñan ademais un ou varios minaretes (F), torres desde as que se chamaba á oración. A mesquita máis famosa de Al-Ándalus foi a mesquita de Córdoba, na que se levaron a cabo varias ampliacións e que hoxe é considerada Patrimonio da humanidade. Nela destacan as columnas da sala de oración, que cos seus arcos dobres trataban de recrear a imaxe dun bosque.
Outro famoso edificio foi a Alhambra de Granada, A Alhambra consistía nun conxunto de palacios construídos para aloxar ao emir e mais á corte andalusí. 4. Arte e cultura da Plena Idade Media O sistema de organización feudal que comezara a tomar forma con Carlomagno no século IX espallouse nos séculos X e XI. E sabedes que o fixo porque chegaron novas invasións ao centro de Europa protagonizadas polos pobos normandos (ou viquingos), maxiares e, de novo, polos pobos musulmáns. A partir do século X, coa remisión das invasións, deu comezo unha etapa de maior prosperidade, cun aumento das colleitas, o crecemento da poboación e un rexurdir dos burgos ou cidades.
Xeografía e Historia Curso 2025/26 9 Coñecedes ademais a importancia que tiña a Igrexa no período feudal, e que os seus integrantes oraban a cambio de recibiren terras e outras doazóns. Os rituais relixiosos e mais os ritmos da terra marcaban o calendario da poboación europea na Idade Media. No medievo a creación cultural e artística estaba ao servizo de Deus, por iso a fama e o recoñecemento aos artistas non tiña moito sentido. Por ese motivo, a maioría de obras teñen unha autoría descoñecida. Os artistas e as artistas entendían o seu traballo como unha artesanía. Estas persoas agrupábanse en gremios, agrupacións de profesionais dun mesmo oficio.
Nesta época non era habitual que as mulleres se dedicasen á creación artística, aínda que hai constancia de mulleres músicas, pintoras ou esculturas nos mosteiros, como Ende. Porque, ademais de nos talleres gremiais, nos mosteiros existía unha importante produción artística. Arte entre os séculos X e XII: un manto de igrexas sobre Europa Pero a partir do século X, xurdiu no que hoxe é Francia un estilo de construción que se estendeu a gran parte do continente europeo: é o que coñecemos como estilo románico. Este estilo foi creado por unha orde monástica, a orde de Cluny, e foi promovido pola Igrexa e pola nobreza feudal.
Eran a propia Igrexa e mais a nobreza quen facían os encargos artísticos e pagaban a man de obra. Estendeuse debido ás peregrinacións e á extensión do culto ás reliquias, que eran os restos físicos dunha persoa santa. A arquitectura románica A fin das grandes invasións facilitou o crecemento da poboación e edificáronse aldeas nas que se construíron igrexas neste estilo. Xa sabedes que a relixión tiña unha gran importancia e que por iso as igrexas eran un dos principais edificios das aldeas. Vós, que xa tedes visto como eran os feudos medievais e os castelos, veredes que estas igrexas lembran bastante a unha fortaleza ou castelo medieval.
Construíronse en pedra, por iso a día de hoxe quedan moitísimas en toda Europa aínda en pé. Mapa da expansión do románico por Europa Xeografía e Historia Curso 2025/26 10 As principais características destas igrexas eran semellantes ás do Reino Visigodo de Toledo. Pero, a diferenza das obras visigodas, as románicas tiñan un tamaño maior, tentando reflectir a confianza e a riqueza do período. A súa planta en forma de cruz latina, que simboliza o lugar onde morreu Xesús. Esta planta era semellante á das igrexas visigodas pero coa nave central máis longa. O lugar onde se cruzan a nave central e mais a lateral leva o nome de cruceiro.
O cruceiro estaba cuberto normalmente por unha torre ou ciborio. A cabeceira da Igrexa, chamada ábsida, adoitaba ser circular. Ás veces tiña unha especie de corredor chamado deambulatorio para que camiñasen as e os peregrinos. A cuberta realizábase con bóvedas de canón sostidas sobre enormes piares ou columnas unidos por arcos de medio punto. Isto sonaravos da unidade 2, porque as igrexas visigóticas tiñan unha forma semellante. Como as bóvedas de pedra pesaban moito, os muros que as sustentaban eran moi anchos e con poucos ocos. Incluso estes muros podían reforzarse con piares chamados contrafortes.
Nas portas, ventás e vans empregábase o arco de medio punto (diferenza coas igrexas visigóticas, que adoitaban empregar o de ferradura). A igrexa adoitaba ter unha torre- campanario, como xa vimos tamén nas igrexas visigóticas. Xeografía e Historia Curso 2025/26 11 A pintura e a escultura románicas Como a arquitectura era a arte máis destacada na Idade Media, a pintura e a escultura románicas de carácter relixioso empregáronse, sobre todo, para decorar a construcións. Ademais, tiñan un obxectivo didáctico (adoutrinar o pobo e explicarlle os feitos sagrados da Biblia e da vida dos santos) e moralizante (axudar a distinguir o ben do mal).
No mundo medieval, a inmensa maioría da poboación era analfabeta, é dicir, incapaz de ler por si mesma a Biblia. Por esa razón, as imaxes convertéronse no principal vehículo de transmisión das mensaxes relixiosas. As pinturas cubrían a maior parte dos muros e da ábsida das igrexas. Tecnicamente eran moi sinxelas: trazaban os debuxos con grosos contornos escuros (a mesma técnica que nos cómics) e a cor estendíase uniformemente. Non había profundidade, volume nin perspectiva e a disposición das figuras adaptábase ao interior e exterior dos edificios. As personaxes ordenábanse segundo unha perspectiva xerárquica que representa o máis importante de maior tamaño.
Tamén se tendía a non deixar ningún espazo baleiro (o que se coñece como o horror vacui). Desta época eran frecuentes as representacións do pantocrátor (Cristo en maxestade), que se situaban na ábsida e ocupaban unha posición central dentro da igrexa. Sempre seguen un mesmo modelo: A figura de Cristo aparece de corpo enteiro dentro dunha forma amendoada chamada mandorla. Coa súa man dereita bendí e coa esquerda sostén un libro coa frase: "Eu son a luz do mundo". Está arrodeado da representación simbólica dos catro evanxelistas. Xeografía e Historia Curso 2025/26 12 2. As esculturas tamén se adaptaban aos edificios.
A súa temática era relixiosa e presentaba unhas figuras hieráticas, ríxidas e sen perspectiva. Situábanse preferentemente nas portadas, columnas e capiteis. Nos chapiteis esculpíanse temas bíblicos, figuras vexetais xeométricas, seres mitolóxicos e animais fabulosos que simbolizan as virtudes e os vicios (bestiarios) e escenas da vida cotiá. Tanto estes gravados como as esculturas exentas adoitaban estar pintados de cores (policromía). As esculturas exentas non eran de pedra, senón de madeira, e adoitaban situarse nos altares. Eran importantes as esculturas que se situaban nas portadas, no acceso principais dos edificios relixiosos.
Estas esculturas estaban pensadas para impresionar a quen entraba. No tímpano situábase a escena principal da portada. Xeralmente trátase da figura de Cristo en maxestade, de maiores proporcións ca o resto das figuras. O lintel, o parteluz e as arquivoltas amosan escenas da Biblia, figuras de santos, representacións de animais ou motivos xeométrico