Pregunta 3.2 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Extraordinaria 2025
Tema: Variedades do galego: dialectos, estándar, sociolectos e rexistros · Del examen Extraordinaria (2025)
Enunciado
Papá Mighel mola muitísimo. Cando teu pai morriu, viviches cos avós ata os quinse, e aínda que daquela andaban tristeiros, lembras os momentos con vivesa e cariño porque sempre che quixeron ben. (...)
De nena, teu avó levábache ó sentro cultural onde el pedía un caraghillo e a ti deixábache pedir un aquarius e dábache os seus asucarillos en que lambías ata que desaparesían... un visio.
Sica Romero, Avelaíñas eléctricas (2022)
3.2. Este texto pertence á novela Avelaíñas eléctricas (2022) de Sica Romero. Indique que variedade dialectal reflicte xustificando a súa adscrición mediante, como mínimo, catro exemplos tirados do relato. A partir desta narración e dos seus trazos dialectais elabore logo un texto expositivo-argumentativo sobre o valor das variedades dialectais das linguas, especialmente da lingua galega. Extensión aproximada: 120 palabras. [2 puntos]
a)
b)

Solución
Según los criterios oficiales de corrección
Indique que variedade dialectal reflicte xustificando a súa adscrición mediante, como mínimo, catro exemplos tirados do relato.
Solución: Bloque occidental, área fisterrá. Exemplos e fenómenos: - Seseo prenuclear: quinse, vivesa, sentro, asucarillos, desaparesían, visio. - Gheada: Mighel, caraghillo. - Ditongo -ui: muitísimo. - Vogal temática -i- na 3ª persoa do pretérito de indicativo: morriu. - Cheísmo: sempre che quixeron ben; teu avó levábache ó sentro cultural.
A partir desta narración e dos seus trazos dialectais elabore logo un texto expositivo-argumentativo sobre o valor das variedades dialectais das linguas, especialmente da lingua galega. Extensión aproximada: 120 palabras.
Solución: Texto expositivo-argumentativo sobre o valor das variedades dialectais que aborde: - Definición de variedade dialectal. - Constatación da variabilidade como fonte de riqueza do diasistema. - Importancia e relación das variedades dialectais na conformación da variedade estándar. - As variedades dialectais como reflexo de trazos socioculturais e identitarios. - Emprego de terminoloxía dialectolóxica especializada.
La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium
Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.
‹ Pregunta 3.1 · Extraordinaria 2025 · Ejercicio 3.1 - A lingua e os seus falantes: Variedade está… · Ordinaria 2025 ›
Más ejercicios de Variedades do galego: dialectos, estándar, sociolectos e rexistros
- Ejercicio 3.2 · Ordinaria 2026
- Pregunta 3.1 · Extraordinaria 2025
- Ejercicio 3.1 - A lingua e os seus falantes: Variedade está… · Ordinaria 2025
- Ejercicio 3.2 - A lingua e os seus falantes: Variedades dia… · Ordinaria 2025
- Pregunta 4.2 · Extraordinaria 2024
- Pregunta 4.2 · Ordinaria 2024
- Pregunta 4.1 · Ordinaria 2023