Ejercicio 3.1 - A lingua e os seus falantes: Variedade está… · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2025

Tema: Variedades do galego: dialectos, estándar, sociolectos e rexistros · Del examen Ordinaria (2025)

Enunciado

TEXTO

Se ben é certo que no momento actual todas as persoas que falamos galego nos recoñecemos como falantes dun mesmo idioma, con todos os matices das falas de cadaquén, tamén o é que a lingua está nun proceso permanente e continuo de transformación, de cambio e de innovación. Conviría preguntarse se Martín Codax e Rosalía de Castro entenderían o galego do século XXI e, asemade, se se identificarían con el. Sobre a primeira resposta, poucas dúbidas temos de que si nos entenderían. Sobre a segunda, a cousa non é tan doada, sobre todo se pensamos na variedade do galego que, desde hai catro décadas, se está a estender como variedade referencial, e que coñecemos como variedade estándar. Con certeza, identificaríanse máis co galego de Fernández del Riego.

O galego estándar é unha variedade lingüística supradialectal, planificada desde posicións académicas co correspondente aval político, cuxa principal finalidade adoita ser idear e promover unha estratexia niveladora da extraordinaria diversidade que caracteriza a nosa lingua. A partir desa diversidade, sobre todo da variación diatópica, elabórase unha variedade orientada a potenciar o seu uso no sistema educativo, nos medios de comunicación e na administración, en particular no que atinxe aos usos escritos da lingua.

Fernando Ramallo, “Que é o galego estándar?”, Que pasa co galego? (2023)

3.1. A partir do escrito de Fernando Ramallo, redacte un texto de opinión centrado na importancia da variedade estándar para calquera lingua e, en particular, para o galego. O texto deberá contar con: breve introdución, corpo de argumentación (dous argumentos como mínimo) e conclusión. Extensión aproximada: 200 palabras. (2 puntos)

Enunciado: Ejercicio 3.1 - A lingua e os seus falantes: Variedade está… · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2025

Solución

Según los criterios oficiales de corrección

Redacte un texto de opinión centrado na importancia da variedade estándar para calquera lingua e, en particular, para o galego.

Solución: Texto argumentativo estructurado: - Breve introdución: presentación das linguas como diasistemas; xustificación da necesidade dunha variedade estándar. - Corpo de argumentación: constatación da variabilidade diacrónica e sincrónica das linguas; afirmación da idoneidade da variedade estándar para os usos formais, administrativos e educativos. - Conclusión: síntese do argumentado e defensa da variedade estándar como instrumento imprescindible na extensión normalizadora da lingua.

La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium

Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.

‹ Pregunta 3.2 · Extraordinaria 2025 · Ejercicio 3.2 - A lingua e os seus falantes: Variedades dia… · Ordinaria 2025 ›

Más ejercicios de Variedades do galego: dialectos, estándar, sociolectos e rexistros