Ejercicio 3.2 - A lingua e os seus falantes: Variedades dia… · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2025
Tema: Variedades do galego: dialectos, estándar, sociolectos e rexistros · Del examen Ordinaria (2025)
Enunciado
3.2. Este texto pertence á novela Avelaíñas eléctricas (2022) de Sica Romero. Indique que variedade dialectal reflicte xustificando a súa adscrición mediante, como mínimo, catro exemplos tirados do relato. A partir desta narración e dos seus trazos dialectais elabore logo un texto expositivo-argumentativo sobre o valor das variedades dialectais das linguas, especialmente da lingua galega. Extensión aproximada: 120 palabras. (2 puntos)
Sen máis nin máis, desacóughaste. Que che pasa? É o nerviosismo que aparese. Así, sen máis nin máis. Pásache muitas veses despois de días estraños, no momento de sentar, cando deixas de moverte e faser cousas. (...) Ó fondo, unha parella crusa frases soltas. Ela apoucada. El cani. Por pouco que mires entendes que nin se coñesen. (...) Apetéseche escribir. Faselo sen parar pra botar fóra. Pensas se deberías meter esta parte da nuite no caderno.
Sica Romero, Avelaíñas eléctricas (2022)

Solución
Según los criterios oficiales de corrección
Indique que variedade dialectal reflicte xustificando a súa adscrición mediante, como mínimo, catro exemplos tirados do relato.
Solución: Bloque occidental, área fisterrá. Fenómenos e exemplos: seseo prenuclear (aparese, veses, faser, crusa, coñesen, apetéseche, faselo); gheada (desacóughaste); ditongo -ui (nuite).
A partir desta narración e dos seus trazos dialectais elabore logo un texto expositivo-argumentativo sobre o valor das variedades dialectais das linguas, especialmente da lingua galega. Extensión aproximada: 120 palabras.
Solución: Texto expositivo-argumentativo ben estruturado que aborde: definición de variedade dialectal, a variabilidade como fonte de riqueza do diasistema, relación das variedades coa conformación do estándar e reflexo de trazos socioculturais e identitarios.
La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium
Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.
‹ Ejercicio 3.1 - A lingua e os seus falantes: Variedade está… · Ordinaria 2025 · Pregunta 4.2 · Extraordinaria 2024 ›