Pregunta 4.1 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2022
Tema: Sociolingüística: prexuízos, normalización e linguas da Península · Del examen Ordinaria (2022)
Enunciado
PREGUNTA 4. Lingua e sociedade
Escolla un dos dous apartados:
4.1. Explique a situación que denuncia Marilar Aleixandre no seguinte artigo, empregando os conceptos técnicos de normalización e axentes de transmisión lingüística. Sinale dúas posibles medidas de normalización que poidan contribuír á súa superación. (Extensión aprox. 250 palabras) (2,5 puntos)
Nestes días fíxose viral un vídeo no que Moraima ten unha conversa con Siri a través da tableta. A nena, pacientemente, atende a Siri, repetindo en galego o que a asistente virtual di en castelán: "estou aquí para axudarte", "puedo ayudarte en algo más?" pregunta Siri, ao que Moraima responde, con toda lóxica: "pois... si, en recoller as cousas", facendo un aceno en dirección a mochila, xoguetes e roupa estrados polo chan. "Creo que no te entiendo", di Siri, e Moraima, "Porque eu falo en galego, sabes Siri?" Galegofalante consciente de que lingua fala, de que é diferente da da máquina. Nun intre de perigo tanto da transmisión do galego, como da preservación polas nenas e nenos que reciben o galego na casa e corren risco de perdelo na escola –na meirande parte dos casos non polas mestras, senón polas outras crianzas–, o de Moraima é un exemplo a seguir. E mostra por que demandamos asistentes virtuais e produtos informáticos en galego. Porque, sabes Siri? Eu falo galego e quero seguir falándoo.
Marilar Alexandre. Nós Diario, 25/09/2021 (adaptación).

Solución
Según los criterios oficiales de corrección
4.1. Explique a situación que denuncia Marilar Aleixandre no seguinte artigo, empregando os conceptos técnicos de normalización e axentes de transmisión lingüística. Sinale dúas posibles medidas de normalización que poidan contribuír á súa superación. (Extensión aprox. 250 palabras)
Solución: Resposta aberta sobre a denuncia da ausencia do galego en ámbitos de prestixio (tecnoloxías dixitais), o risco na transmisión interxeracional e medidas de normalización nos ámbitos tecnolóxico e escolar.
La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium
Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.
‹ Pregunta 4.2 · Extraordinaria 2022 · Pregunta 4.2 · Ordinaria 2022 ›
Más ejercicios de Sociolingüística: prexuízos, normalización e linguas da Península
- Pregunta 4.1 · Extraordinaria 2023
- Pregunta 4.2 · Extraordinaria 2023
- Pregunta 4.2 · Ordinaria 2023
- Pregunta 4.1 · Extraordinaria 2022
- Pregunta 4.2 · Extraordinaria 2022
- Pregunta 4.2 · Ordinaria 2022
- Pregunta 4.1 · Extraordinaria 2021
- Pregunta 4.2 · Extraordinaria 2021
- Pregunta 4.1 · Ordinaria 2021
- Pregunta 4.2 · Ordinaria 2021