Pregunta 4.2 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2022
Tema: Sociolingüística: prexuízos, normalización e linguas da Península · Del examen Ordinaria (2022)
Enunciado
PREGUNTA 4. Lingua e sociedade
Escolla un dos dous apartados:
4.2. Sitúe o seguinte texto na época correspondente da historia da normativización e indique dúas características lingüísticas fundamentais do galego escrito nela, sempre a partir de exemplos do propio texto. Explique brevemente os avances para a normalización da lingua deste período e por que acontecemento histórico se viron truncados. (Extensión aprox. 250 palabras) (2,5 puntos)
Por amaina-la concencia guindei co meu tiduo de médico no fondo dunha gabeta, e busquei outra maneira de me valer. As xentes xa non sabían que eu era dono de tan tremenda licencia oficial, mais unha noite foron requerído-los meus servizos. Era domingo. Melchor, o taberneiro, agardaba por min ó pé da porta. Doume as "boas noites" e rompeu a chorar, e por antre os saloucos saíanlle as verbas tan estruchadas que somentes logrou decirme que tiña un fillo a morrer. O probe pai turraba por min, i eu deixábame levar, enfeitizado pola súa door. Dispois de todo eu era médico tiduado e non podía negarme! E tiven tan fortes anceios de complacelo que sentín xurdir nos meus adentros unha gran cencia...
Castelao. "O retrato". Retrincos (1934).

Solución
Según los criterios oficiales de corrección
4.2. Sitúe o seguinte texto na época correspondente da historia da normativización e indique dúas características lingüísticas fundamentais do galego escrito nela, sempre a partir de exemplos do propio texto. Explique brevemente os avances para a normalización da lingua deste período e por que acontecemento histórico se viron truncados. (Extensión aprox. 250 palabras)
Solución: Resposta aberta sobre a época das Irmandades da Fala e Grupo Nós (primeiro terzo do século XX), trazos lingúísticos con exemplos (hiperenxebrismos, arcaísmos, vacilacións, castelanismos) e a Guerra Civil como freo ao proceso normalizador.
La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium
Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.
‹ Pregunta 4.1 · Ordinaria 2022 · Pregunta 4.1 · Extraordinaria 2021 ›