Ejercicio 4.1 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2026
Tema: Literatura galega de 1936 a 1975: posguerra e Nova Narrativa · Del examen Ordinaria (2026)
Enunciado
PREGUNTA 4. EDUCACIÓN LITERARIA. (2,25+0,75=3 puntos).
Realice só un destes dous comentarios:
4.1. Este texto de Xosé Neira Vilas (Vila de Cruces, 1928-2015) pertence ao libro Lar (1973). Relacione o texto, brevemente, co conxunto da escrita do autor e coa narrativa do seu tempo. Indique o tema central do relato, describa a caracterización que nel se fai da figura do galo e explique a estrutura da narración. Xustifique as respostas axudándose de exemplos tirados do texto. Extensión aproximada: 200 palabras. (2,25 puntos).
O galo
Escoitar outra vez o galo na amañecida é como sentir as cousas no seu lugar: quentura na lareira, fume nas chemineas, asento de homes e mulleres no porral onde naceron. Nenos camiño da escola. Mozas cantando na fonte e nos prados. Foliadas. Magostos. Días de entroido con “vivas” e freques e axóuxeres. Leiras traballadas. Rumbosos palleiros con bonecos e tarabelas no curuto. Mocidade leda. Rapaces batuxando no río...
O galo canta. O seu cornetín é o mesmo de hai cen, mil, tres mil anos. Chove, ou neva, ou vai axexar o sol. Hai febreiros e agostos como sempre. Medran as árbores. Corren as augas. Garulan os paxaros.
Mais, non. O galo non o di todo. Hai casas baldeiras. Camiños baldeiros. Terras baldeiras. Moita xente amañece cada día ben lonxe dese canto. Foise do lugar, xustamente porque todo资源seguía no mesmo lugar, na mesma fochanca. País-maleta, país-croio, país-andoriña. Vida en desacougo. Morte esfrangullada. ¿Cantos papeis teremos de queimar, canto sangue terá de ferver, cantos amenceres han de xurdir para lle dar sentido ó cantío do galo?
Xosé Neira Vilas, Lar (1973)
Criterios xerais: A produción de textos escritos respectando as propiedades textuais (adecuación, coherencia e cohesión), con corrección (ortográfica e gramatical), servíndose dun léxico adecuado e preciso e observando a extensión recomendada puntúase con ata 0,75 puntos.
a)
b)
c)
d)

Solución
Según los criterios oficiales de corrección
Relacione o texto, brevemente, co conxunto da escrita do autor e coa narrativa do seu tempo
Solución: Este é un texto de Xosé Neira Vilas, autor fundamental na recuperación da narrativa galega de Posguerra, responsable dunha ampla obra na que está moi presente a descrición da vida do noso rural, a emigración e a infancia en textos como Memorias dun neno labrego (1961), Xente no rodicio (1965) ou Remuíño de sombras (1973).
Indique o tema central do relato
Solución: Descrición do mundo rural e da lacra da emigración que tanto o ten golpeado. Fica plasmado na presentación de fogares, xentes, camiños, festas e climatoloxía.
Describa a caracterización que nel se fai da figura do galo
Solución: É presentado como unha testemuña simbólica de todo o que acontece no noso rural. A secuencia final identifica o galo e o seu canto coa nosa terra, que precisa frear a sangría da emigración para ser en plenitude.
Explique a estrutura da narración
Solución: O texto presenta tres partes ben diferenciadas que se corresponden con cadanseu parágrafo: 1) Primeira parte (primeiro parágrafo): Descrición da realidade rural galega. 2) Segunda parte (parágrafo central): Afirmación da permanencia secular da nosa terra e do seu simbólico galo cantareiro no fluír dos ciclos naturais. 3) Terceira parte (derradeiro parágrafo): Denuncia da lacra da emigración e das moitas penurias que esta supón ("morte esfrangullada"), que engade na secuencia final unha exclamación a xeito de deprecación ou súplica polo remate desta situación.
La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium
Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.
Pregunta 4.1 · Extraordinaria 2025 ›