Pregunta 5 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2022
Tema: Literatura galega de 1936 a 1975: posguerra e Nova Narrativa · Del examen Ordinaria (2022)
Enunciado
PREGUNTA 5. Educación literaria
5. Contextualice o texto de Neira Vilas na época literaria correspondente e identifique e explique dúas características da súa narrativa apoiándose no propio fragmento. Indique outros dous narradores destacados deste período, así como unha obra de cada un deles e os motivos da súa relevancia. (Ext. aprox. 250 palabras) (2,5 puntos)
Tódolos días a mesma andaina. Unha legua ben chea de camiño. E unha botella de leite morno, acabado de muxir. Tódalas mañás a mesma peregrinaxe. (...)
Tivera que deixa-la escola para atender ese trafego. Dáballe súa nai un codelo cada mañá, e sen outro amparo botaba pés ó camiño. Todo para levarlle aquel gurrucho de leite mal pagado a don Pedro, o feirante.
A lapra do sol ataſegaba ó pequeno Alfredo. Caíalle a suor polas fazulas. Non podía máis. Sentouse na beira do camiño, ó pé dun carballizo. As follas estaban quedas; coma se non existise o aire. Todo semellaba morto. Alfredo deuse a cavilar. Pensou na "Vermella" mal mantida, e no pouco que pagaba o miserento don Pedro. Pensou na escola deixada, e no caldo augacento, mantenza pobre de tódolos días. E pouco a pouco foi achegando contra de si a botella de vidro escuro. Mirou derredor, coma se ventase algo, e comenzou a beber. O corazón latexáballe á presa. Cando rematou, colleu a botella polo bico e guindouna. Esfachicouse ó bater nos croios que había preto. Os seus anacos relucían agora coma espellos, debaixo do sol.
X. Neira Vilas. "Vidro e sol". Xente no rodicio (1965).

Solución
Según los criterios oficiales de corrección
5. Contextualice o texto de Neira Vilas na época literaria correspondente e identifique e explique dúas características da súa narrativa apoiándose no propio fragmento. Indique outros dous narradores destacados deste período, así como unha obra de cada un deles e os motivos da súa relevancia. (Ext. aprox. 250 palabras)
Solución: Resposta aberta sobre a narrativa de posguerra en Neira Vilas (protagonismo campesiño, denuncia social, liña narrativa tradicional con narrador omnisciente) e mención doutros autores relevantes (Blanco-Amor, Fole, Cunqueiro).
La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium
Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.
‹ Pregunta 6 · Extraordinaria 2022 · Pregunta 5.1 · Extraordinaria 2021 ›