Pregunta 4.1 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Extraordinaria 2025
Tema: Literatura galega de 1936 a 1975: posguerra e Nova Narrativa · Del examen Extraordinaria (2025)
Enunciado
PREGUNTA 4. EDUCACIÓN LITERARIA. (2+0,5=2,5 puntos).
4.1. Este texto de Álvaro Cunqueiro pertence ao libro Escola de menciñeiros e fábula de varia xente (1960). Relacione o relato, sucintamente, coa restante obra do autor e co movemento de recuperación da narrativa galega de Posguerra. Indique o tema principal e xustifíqueo a partir de exemplos tirados do texto. Analice, brevemente, a estrutura do relato e a presenza nel de elementos fantásticos. Extensión aproximada: 200 palabras. (2 puntos)
O gatipedro
O gatipedro é un gato branco que ten na cachola un corno mouro; o gatipedro ven pólas noites ás casas, e párase nas habitacións nas que hai nenos durmindo. Entón o gatipedro ponse a verquer auga pólo seu corniño, i o neno, en sonos, escoitando o pingar da fontiña aquela, soña que mexa, e de verdade mexa na cama.
Pra espantar o gatipedro abonda con botar unhas areas de sal á porta do cuarto i ó pé da fiestra. O gatipedro anda apoiándose, ademáis de nas catro patas, na lingua, e probando coista o sabor do sal, o gatipedro dá a volta e prosegue a súa nouturnia viaxe, deixando ós nenos da casa en paz.
Álvaro Cunqueiro, Escola de menciñeiros e fábula de varia xente (1960)

Solución
Según los criterios oficiales de corrección
4.1. Este texto de Álvaro Cunqueiro pertence ao libro Escola de menciñeiros e fábula de varia xente (1960). Relacione o relato, sucintamente, coa restante obra do autor e co movemento de recuperación da narrativa galega de Posguerra. Indique o tema principal e xustifíqueo a partir de exemplos tirados do texto. Analice, brevemente, a estrutura do relato e a presenza nel de elementos fantásticos. Extensión aproximada: 200 palabras. (2 puntos).
Solución: Relación coa obra do autor e coa narrativa de posguerra (0,5): Cunqueiro, mestre da narrativa que mestura realidade e imaxinación e dos libros de retratos de tipos populares (Merlín e familia, As crónicas do sochantre, Escola de menciñeiros, Si o vello Sinbad volvese ás illas, Xente de aquí e de acolá, Os outros feirantes); voces da narrativa de posguerra: Ánxel Fole, Cunqueiro, Eduardo Blanco-Amor e Xosé Neira Vilas. Tema (0,5): retrato do ser imaxinario chamado o Gatipedro. Estrutura e elementos fantásticos (1): 1.º parágrafo, descrición física e de comportamento do Gatipedro; 2.º parágrafo, o xeito de librarse das súas molestias. Elementos fantásticos: ser mestura de felino e pequeno unicornio; verte auga coma unha fonte e induce a micción infantil; fobia ao sal; apóiase nunha quinta extremidade, a súa longa lingua; eterno viaxeiro nocturno.
La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium
Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.
‹ Ejercicio 4.1 · Ordinaria 2026 · Pregunta 6 · Extraordinaria 2024 ›