Ejercicio 2.1 - Fonética · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2025

Tema: Fonética e fonoloxía do galego · Del examen Ordinaria (2025)

Enunciado

TEXTO

Se ben é certo que no momento actual todas as persoas que falamos galego nos recoñecemos como falantes dun mesmo idioma, con todos os matices das falas de cadaquén, tamén o é que a lingua está nun proceso permanente e continuo de transformación, de cambio e de innovación. Conviría preguntarse se Martín Codax e Rosalía de Castro entenderían o galego do século XXI e, asemade, se se identificarían con el. Sobre a primeira resposta, poucas dúbidas temos de que si nos entenderían. Sobre a segunda, a cousa non é tan doada, sobre todo se pensamos na variedade do galego que, desde hai catro décadas, se está a estender como variedade referencial, e que coñecemos como variedade estándar. Con certeza, identificaríanse máis co galego de Fernández del Riego.

O galego estándar é unha variedade lingüística supradialectal, planificada desde posicións académicas co correspondente aval político, cuxa principal finalidade adoita ser idear e promover unha estratexia niveladora da extraordinaria diversidade que caracteriza a nosa lingua. A partir desa diversidade, sobre todo da variación diatópica, elabórase unha variedade orientada a potenciar o seu uso no sistema educativo, nos medios de comunicación e na administración, en particular no que atinxe aos usos escritos da lingua.

Fernando Ramallo, “Que é o galego estándar?”, Que pasa co galego? (2023)

2.1. Indique se a vogal tónica das seguintes palabras, destacadas en letra grosa no texto, é unha vogal media semiaberta ou semipechada: certo, resposta, desde, nosa, medios. [1 punto]

:

semiaberta

semipechada

Enunciado: Ejercicio 2.1 - Fonética · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2025

Solución

Según los criterios oficiales de corrección

2.1. Indique se a vogal tónica das seguintes palabras, destacadas en letra grosa no texto, é unha vogal media semiaberta ou semipechada: certo, resposta, desde, nosa, medios.

Solución: certo (semiaberta), resposta (semiaberta), desde (semipechada), nosa (semiaberta), medios (semipechada)

La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium

Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.

‹ Pregunta 2.1 · Extraordinaria 2025 · Pregunta 3.3 · Extraordinaria 2024 ›

Más ejercicios de Fonética e fonoloxía do galego