Todos los exámenes de Selectividad 2024 de todas las comunidades
Examen de Artes Escénicas PAU Galicia 2024 · Extraordinaria
Examen de Artes Escénicas de Selectividad de Galicia (PAU/ABAU) 2024, Extraordinaria (julio): 2 problemas con solución. Con corrección al momento.
Temas del examen: Puesta en escena de un fragmento: contexto de la obra y proceso de montaje · Tipología de las artes escénicas: ópera, circo y otros espectáculos · Recepción de espectáculos escénicos: el público · Teatro griego y romano (teatro clásico antiguo) · Teatro del siglo XX y teatro contemporáneo
Pregunta 1.1 · Tipología de las artes escénicas: ópera, circo y otros espectáculos
1.1. A ópera como arte escénica. Características principais.
Pregunta 1.2 · Teatro del siglo XX y teatro contemporáneo
1.2. O teatro no século XX.
Pregunta 2 · Puesta en escena de un fragmento: contexto de la obra y proceso de montaje
Sitúe a obra no seu contexto histórico e literario. Explique os procesos necesarios para o deseño da posta en escena do texto que se acompaña, detallando as particularidades das distintas fases que permiten materializar o espectáculo.
(Se levanta el telón y se descubre una perspectiva del lago, con la luna sobre el horizonte y su reflejo en el agua; sobre una roca enorme está sentada NINA ZARÉCHNAYA, vestida de blanco.)
NINA: Hombres y mujeres, leones, águilas, perdices, astados ciervos, gansos, arañas, peces silentes que viven en el océano... [Fragmento de La gaviota, de Antón Chéjov]
Pregunta 3.1 · Teatro griego y romano (teatro clásico antiguo)
PREGUNTA 3. Desenvolva un dos dous temas seguintes: / Desarrolle uno de los dos temas siguientes:
3.1. O teatro grego. Características e autores principais. / El teatro griego. Características y autores principales. [5 puntos]
Pregunta 3.2 · Recepción de espectáculos escénicos: el público
PREGUNTA 3. Desenvolva un dos dous temas seguintes: / Desarrolle uno de los dos temas siguientes:
3.2. A recepción de espectáculos escénicos. O público: concepto e tipoloxías. / La recepción de espectáculos escénicos. El público: concepto y tipologías. [5 puntos]
Pregunta 4 · Puesta en escena de un fragmento: contexto de la obra y proceso de montaje
PREGUNTA 4. Sitúe a obra no seu contexto histórico e literario. Explique os procesos necesarios para o deseño da posta en escena do texto que se acompaña, detallando as particularidades das distintas fases que permiten materializar o espectáculo / Sitúe la obra en su contexto histórico y literario. Explique los procesos necesarios para el diseño de la puesta en escena del texto que se adjunta, detallando las particularidades de las distintas fases que permiten materializar el espectáculo. [5 puntos]
ESCENA CUARTA
Tarelxiña e Andrea falan a través do torno. Unha luz feliz ilumina todo.
TAREIXIÑA (asomándose ao torno): Tssss. Tsss. Estás aí, Andrea?
ANDREA: E non hei de estar? Non me dixeches que agardase a que saíses do rezo? Aquí estou, apampando e mirando quen pasa pola porta do mosteiro. Que aquí outra cousa non hai para facer. E sabes que? Non pasou ninguén!
TAREIXIÑA: A xente ten ansia. Está a traballar as leiras, non a pasear os camiños. Ti, como tes o xuízo a compoñer... pensei que xa voaras detrás dalgún paxariño piador. Es moi pega de Noso Señor...
ANDREA: E que mal fan as pegas? A xente di que foron os únicos paxaros que non lle deron consolo a Noso Señor na cruz e escorrenta nelas. Pensan que ventan a morte, pero digo eu: a morte mándaa Noso Señor, que non a traen elas. Debiamos agradecerlles o aviso. Así podemos poñernos a ben con Deus.
TAREIXIÑA: Estimaba eu saber que andas a facer ti por aí adiante para ter que porte a ben con Noso Señor. A ver... Que che dixo Estevo?
ANDREA: Que me dixo Estevo de que?
TAREIXIÑA: Antes, cando estabamos escollendo nos feixóns, dixéchesme que Estevo che dixera algo...
ANDREA: Ai, non me lembro.
TAREIXIÑA: Como non te lembras? E ti non estás ben bautismada! O que digo eu... o xuízo a compoñer! Estábasme contando o de que os mozos de Albeos correron a pedradas os de Cequeliños e dixeches: «Estevo dixo que pola santa Mariña...», e eu pedinche que agardases para me acabar de contar o conto despois do rezo.
ANDREA: Fixéchesme agardar para que che contase esa parvada? Vou chegar tarde, e que lle digo na casa a túa nai? (Con voz de burla.) Estiven enredando porque sor Tareixiña non quere perder conta do que pasa fóra do mosteiro.
TAREIXIÑA: Vou para alá, pero aínda non cheguei a sor. Ou non me ves as roupas de noviza? Pensei que Estevo che falara de casar!
ANDREA (con moita retranca): Muller, claro! Prometeume a Torre de Fornelos se lle daba o si.
TAREIXIÑA: Si? Ai, que ben!
ANDREA: Tareixiña, e ti desde que entraches no mosteiro estás atordada!? E aínda dis que a que non estou ben bautismada son eu! Quen é Estevo? O máis preto que estivo da Torre de Fornelos foi unha vez que o mandou teu pai levar unha besta a ferrar.
TAREIXIÑA: Iso ben o sei! Pediuche casamento, si ou non?
ANDREA (ponse seria de súpeto): A min paréceme que me fai as beiras, pero a ver que din seus pais e mais os meus. Vaia, e tamén a ver que din os teus, porque o outro día túa nai víunos por fóra da cerca falando un co outro e escorrentoumo de alí, que disque os criados da súa casa nunca deramos que falar ao mundo e que non quería que andásemos parolando por parolar e perdendo o tempo do traballo. Se che cadra a falar con ela podíasnos dar unha axudiña...
TAREIXIÑA: Miña nai fíxoo polo teu ben. Que o creto logo se perde.
Fragmento de As desterradas, de Carme Varela
También puedes estudiar por temas
Practica un tema con ejercicios de los exámenes de todos los años, mezclados.
- Puesta en escena de un fragmento: contexto de la obra y proceso de montaje · 20 problemas · 75 % de que salga
- Tipología de las artes escénicas: ópera, circo y otros espectáculos · 16 problemas · 70 % de que salga
- Teatro del siglo XX y teatro contemporáneo · 8 problemas · 60 % de que salga
- Teorías de la interpretación · 5 problemas · 60 % de que salga
- Diseño de un espectáculo: equipos, fases y áreas de trabajo · 5 problemas · 50 % de que salga
- Teatro griego y romano (teatro clásico antiguo) · 8 problemas · 45 % de que salga