ACENTUACIÓN (1)

ACENTUACIÓN (1): apuntes de Lingua Galega e Literatura. Con ideas clave, figuras y test de repaso en cada tema.

Lingua Galega e Literatura · 4.º curso

5 páginas

Texto del documento

1 ACENTUACIÓN. REGRAS XERAIS. As palabras agudas ou oxítonas acentúanse graficamente cando son polisílabas e rematan en vogal, en vogal + n, en vogal + s ou en vogal + ns: mazá, café, alí, tirizó, irmán, alguén, ninguén, latín, corazón, algún, ningún, mazás, cafés, cadrís, tirizós, irmáns, reféns, latíns, corazóns, algúns, comúns.

Non se acentúan cando son monosílabas nin cando acaban en ditongo decrecente (ai, ei, oi, au, eu, ou, iu, ui), nin cando rematan nunha consoante distinta de -n, s- ou -ns: ademais, pensei, españois, morreu, cantou, fuxiu, azuis, xa, la, fe, di, si, Xan, can, len, din, don, fun, tres, amei, amou, seguiu, recibiu, colleu, ademais, capitais, papeis, españois, azuis, capital, papel, cantar... Levan acento gráfico as palabras graves ou paroxítonas cando rematan en consoante distinta de -n ou -s e en grupos consonánticos distintos de -ns. Así: móbil, carácter, alférez, fórceps, bíceps, Félix, clímax.

Tamén se acentúan as palabras graves con ditongo decrecente na última sílaba con independencia da letra na que rematen: amábeis. As palabras esdrúxulas ou proparoxítonas levan sempre acento gráfico: bárbaro, tépedo, tónico, lámpada, música, díxonolo... Acentuación de i, u en hiato Con independencia do establecido nos epígrafes precedentes, todo i e u tónicos seguidos ou precedidos de vogal átona en situación de hiato sempre levan acento gráfico, para indicar que ambas as vogais pertencen a sílabas distintas e que, polo tanto, non forman ditongo. Así: acentúo, aínda, baúl, caída, Coímbra, constituíu, egoísmo, moía, raíña, raíz, roía, saía, saín, saír, súa, traía, túa, etc.

I e U tónicos non se acentúan cando entre elas e a átona aparece o grafema –h- (prohibo), aínda que non forman ditongo coa anterior. Se van seguidas dúas vogais febles (-iu-, -ui-), a segunda acentúase graficamente sempre se é a vogal tónica: ruído, miúdo, viúva,... e forman un hiato; se a vogal tónica é a primeira, non se acentúa e forman ditongo: azuis. Non levan acento gráfico, as vogais i, u tónicas se forman ditongo decrecente coa vogal que as segue: bilingüismo, lingüista.

Acentuación dos estranxeirismos e latinismos Os latinismos e palabras estranxeiras de circulación corrente, aínda que non estean plenamente adaptadas ao galego, seguen as regras de acentuación enunciadas anteriormente. Así: Palabras agudas: autobús, iglú, obús, popurrí, puré, ralentí, tabú, vermú, xampú, iglús, purés, xampús, anorak, argot, autocar, autostop, ballet, boicot, coñac, fagot, iceberg, leitmotiv, neceser, relax, voleibol. Palabras graves: accésit, béisbol, cénit, ídem, karaoke, líder, álbum, médium, quórum, réquiem, smóking, superávit; ioga, pelotari, pizza, quimono, ravioli, zombi.

Palabras esdrúxulas: bádminton, búmerang, cárdigan, déficit, hábitat, hándicap, ínterim, magníficat, párkinson. As palabras rematadas graficamente en -y teñen o mesmo tratamento ca as rematadas en -i: 2 playboy, spray (coma convoi, samurai), hóckey, hippy, hobby, rugby, whisky. As palabras estranxeiras e latinismos poden carecer do acento gráfico correspondente e manter integramente a grafía propia da lingua da que proceden. O verbo con pronome enclítico e cos alomorfos do artigo lo(s), la(s) Cando os verbos levan pronomes enclíticos, no que respecta á acentuación gráfica compórtanse coma se fosen unha soa palabra.

Por iso escribimos cantará / cantara, cantaraa /cantáraa; beberá / bebera, beberaa /bebéraa; recibirá / recibira, recibiraa / recibíraa; bebérala /beberala; cantárana / cantarana; métese; méteseche; meteuse; metéusenos; tómao; fixéronllelo, etc. Se se utiliza a combinación verbo + variante alomórfica –lo do artigo, acentúase tamén coma se fose unha única palabra: cóme-lo caldo / come-lo caldo, bebéra-la auga / bebera-la auga, etc. As formas verbais que levan acento diacrítico mantéñeno cando van seguidas dunha forma átona do pronome: é / élle / éa; dáo / dáme / dálle; ti dálo á forza / dáslle; vélo comprar? Os adverbios en -mente.

Por se tratar de palabras graves rematadas en vogal, resulta innecesario o acento gráfico nos adverbios en - mente. Por iso debemos escribir comicamente, comunmente, dificilmente, friamente, habilmente, rapidamente, rexamente, finxidamente, utilmente... No caso de apareceren varios adverbios en -mente coordinados, esta terminación só aparece no derradeiro, e os anteriores manteñen o seu acento: cómoda e facilmente. Palabras compostas Tampouco mantén o acento gráfico o primeiro termo das palabras compostas xa soldadas: Riotorto, fervellasverzas, vichelocrego, etc; pero si se mantén naqueles casos nos que estas palabras vaian unidas con guión: teórico- práctico, física-química.

As maiúsculas acentúanse normalmente: Álvaro. Outros casos A utilización de recursos gráficos para distinguir entre as funcións gramaticais que pode ter unha mesma palabra debe reducirse a aqueles casos que poidan causar problemas de interpretación do texto escrito. Por outra parte, o acento diacrítico utilízase unicamente para diferenciar palabras en principio homógrafas mais non homófonas, polo que o seu uso para diferenciar, por exemplo, este, ese, aquel, etc. en función substantiva de este, ese, aquel, etc. en función adxectiva, suporía a introdución dun novo criterio non xustificado.

De acordo con isto, non se acentúan en ningún caso nin os demostrativos nin o indefinido e numeral un: esta mesa, quero esta, mira esa, colle aquela, un can, un deles, dáme un. Cal, cando, canto, como, onde, que e quen non se acentúan en interrogativas e exclamativas directas: cal queres?, cando vés?, canto queres?, como che vai?, onde está?, que queres?, quen cho deu?, que desgraza!

Tampouco se acentúan as formas do interrogativo e exclamativo cando introducen interrogativas indirectas (pregúntalle cando volve, pregúntalle onde está, preguntoulle cal quería), agás cando fose preciso para evitar posibles anfiboloxías: dille qué queres, / dille que queres, xa sabes que hai?, xa sabes cánto lle custou / xa sabes canto lle custou, etc. 3 ACENTO GRÁFICO DIACRÍTICO: utilízase o acento gráfico con función diacrítica para distinguir dúas palabras que teñen a mesma forma na escrita, pero que se diferencian porque a vogal tónica ten diferente timbre ou porque unha palabra é tónica e a outra átona (póla/pola, dá/da).

Noutros casos o acento só se utilizará en contexto ambiguos e marcando sempre ortograficamente a palabra con vogal aberta: (el) ten / ten (ti). ACENTO GRÁFICO DIACRÍTICO 1. Á /ás A (preposición)+a/as (artigo) Extremidades das aves A/as Artigo singular e plural Preposición Pronome persoal átono 3º persoa (sing. e plural) Substantivo: nome da letra 2. Bésta Arma branca medieval Besta Animal de carga 3. Bóla Obxecto esférico Bola Peza de pan 4. Cá Ca (conx. comparat.)+a (artigo fem. sing.) Ca Conxunción subordinada comparativa 5. Cás Ca (conx. comparat.)+as (artigo fem. plural) Cas Preposición "en cas de" 6. Chá Planicie, plana Cha Che (pronome persoal átono) + a (pronome persoal átono 7.

Chás Planicies, planas Chas Che (pronome persoal átono) + as pronome persoal átono) 8. Có Ca (conx. comparat.)+o (artigo masculino singular) Co Con (preposición) + o (artigo) 9. Cós Ca (conx. Comparat.)+os (artigo masculino plural) Cos Con (preposición) + os (artigo) 10. Cómpre Verbo cumprir. PI 3PS Compre Verbo comprar. PS 3PS 11. Cómpren Verbo cumprir. PI 3PP Compren Verbo comprar. PS 3PP 12. Dá Verbo dar- PI 3PS. Presente imperativo 2PS Da De (preposición) + a (artigo feminino singular) 13. Dás Verbo dar- PI 2PS Das De (preposición) + as (artigo feminino plural) 14. Dó Substantivo "compaixón" Do De (preposición) + o (artigo masculino singular) 15. É Verbo ser.

PI 3PS E Conxunción coordinante copulativa. Substantivo: nome da letra 16. Fóra Adverbio de lugar Fora Verbos Ser/Ir. AI 3PS 17. Má Adxectivo "Ruín" Ma Me (pron. persoal átono) + a (pron. persoal átono) 18. Más Adxectivo "Ruíns" Mas Me (pron. persoal átono) + as (pron. persoal átono) 19. Máis Adverbio de cantidade Mais Consunción coordinante copulativa ou adversativa 20. Nó Substantivo No En (preposición) + o (artigo masculino singular) 21. Nós -Substantivo -Pronome persoal tónico 1ª persoa plural Nos -En (preposición) + os (artigo masculino plural) -Pronome persoal átono 1ª persoa plural. 22. Ó A (preposición) + o (artigo masculino singular) O Artigo m.s.

Pronome persoal átono 4 Substantivo nome da letra (semiaberto) 23. Ós A (preposición) + os (artigo masculino plural) Os Artigo m.pl. Pronome persoal átono 24. Óso Substantivo "parte de esqueleto" Oso Substantivo "animal plantígrado" 25. Pé Substantivo Pe Substantivo "nome de letra" 26. Póla -Substantivo "parte da árbore" Pola -Substantivo "galiña nova" -Por (preposición)+a (artigo feminino singular) 27. Pór Verbo "poñer" Por Preposición 28. Présa Substantivo "rapidez" Presa Substantivo "encoro" Adxectivo "prendida" Substantivo "presada" 29. Sé Substantivo "sede eclesiástica" Imperativo do verbo SER Se Pronome persoal átono 30. Só Adxectivo e adverbio So Preposición "baixo" 31.

Té Substantivo "infusión" Te -Substantivo "nome de letra" -Pronome persoal átono 2ª persoa singular 32. Vén Verbo VIR PI 3PS Ven Verbo VIR Imperativo Verbo VER PI 3PP 33. Vés Verbo VIR PI 2PS Ves Verbo VER PI 2PS 34. Vós Pronome persoal tónico de 2ª persoa plural Vos Pronome persoal átono de 2ª persoa plural 5

Más apuntes de Lingua Galega e Literatura

Exámenes, temas y apuntes de Lingua Galega e Literatura